Mostrando entradas con la etiqueta Consellos Goberno. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de noviembre de 2012
Os primeiros da clase...
Parece que o consello de goberno do día 14 adiantouse pola prema que ten o actual equipo de goberno de ser o primeiro da clase na aplicación do decretazo Wert. Parabén Sr. Reitor merécese un premio. Precisamente como consecuencia desta aplicación do decretazo increméntase a capacidade docente do profesorado, tendo en conta o custosos que saen os sexenios na maior parte dos departamentos desta Universidade, e trae como consecuencia a eliminación da figura do profesor asociado, nas súas distintas morfoloxías, xa sexa asociado a tempo parcial ou asociado con dedicación completa. A postura de Nova foi claramente a de situarse en contra da modificación das normas de POD, argumentando que, actualmente, para realizar a valoración da actividade do profesorado non existe ningún modelo e simplemente utilízanse as desgravacións por cargos de xestión diversos, e por sexenios, sen ter en conta outro tipo de actividades como poden ser organización de xornadas, conferencias, congresos, exposicións, divulgación en feiras, actividades con empresas, transferencia de coñecemento, organización de cursos, libros, etc.
Outro punto a ter en conta na orde do día foi a discusión das enquisas que a partir de agora, serán encomendadas a unha empresa, suponse especialista, xa que nesta Universidade non existen profesores suficientemente preparados que saiban facer unha enquisa docente profesional. Pero coidado, non volo perdades, segundo Enrique Barreiro de Nova solicitan aos decanatos que fagan a planificación da realización das enquisas.
Realmente a empresa externa debería pedir ao Vicerreitorado de Investigación que realizase as enquisas, que parece que non dá pé con bóla e necesita algo de actividade, e de paso poden escribir algún paper sobre inferencia estatística.
Para pedir xa están os alumnos que se queixan, segundo apuntou Armando Caballero de Nova de que non lles chega o calendario escolar, baseado en 32 semanas, moito máis reducido que o calendario gregoriano, ao que hai que engadir o incumprimento da normativa propia da Universidade que contempla de 36 a 40 semanas, así coma a normativa do Real Decreto e que indica a propia secretaría Xeral.
Por último, o profesor Caballero tamén preguntou polo incumprimento da Norma da Xunta que non permitía a implantación de masteres con menos de 10 alumnos, pondo o exemplo de dous deles, un de 5 alumnos e outro de 8 alumnos, non se se os multiplican por un factor de seguridade ou é que devanditos alumnos valen dobre como os goles fóra de casa.
miércoles, 20 de junio de 2012
Comentarios sobre o Consello de onte
Os medios locais recollen nos seus titulares de hoxe a importancia da flexibilización do pago das matrículas en seis prazos como medida máis importante do Consello de onte, proposta aprobada por unanimidade.
Nesta ocasión os temas tratados ían ser abordados de xeito moi tranquilo xa que non había cuestións de transfondo político senón simples asuntos de trámite que previamente tiñan sido acordados con NU nas respectivas comisións de investigación e profesorado.
Respecto ao informe do reitor temos a obriga de facer notar a incerteza que transmite o goberno de AU no referente á aplicación da modificación da Lei de Universidades e sobre as medidas de austeridade propostas para as que se solicitou que se pospoñan para curso académico seguinte.
No punto referido á aprobación dos criterios de liquidación do orzamento de 2011 o xerente transmitiu sensación de liquidez e contas consolidadas dentro dos recortes orzamentarios acaecidos nos últimos anos. Neste sentido, Jaime Cabeza, sen ánimo de polemizar, pediu que se racionalizasen e se pensase nos entes instrumentais da Universidade como son CUSA, Citexvi e a fundación FUVI, e puxo no tinteiro a pregunta de ata que punto é necesario máis dun?
Por outra banda modifícase o regulamento de creación de empresas de base tecnolóxica, coa particularidade de ampliar o ámbito ás spin-off que leva a apertura de calquera tipo de empresa podendo ser promocionado por calquera investigador da Universidade de Vigo. Apróbase tamén o regulamento de patentes e ordénase o dislate existente nos grupos de investigación actualmente existente na Universidade de Vigo. Alejandro Pereira pregunta polo procedemento de inclusión de investigadores doutras entidades ao que a vicerreitora responde que dita figura plásmase coa inclusión de investigadores colaboradores. Jaime agradece dita ordenación e felicita ao equipo reitoral polo devandito traballo.

sábado, 28 de abril de 2012
Consello 23 de abril. CALENDARIO.
O consello, sen gran interese académico, tivo como estrela temática o calendario escolar, que se verá modificado notablemente e cuxa proposta foi rexeitada por NU ao supoñer diferentes trastornos, tanto na planificación como na harmonización en graos e posgraos.
Aínda que o vicerreitor de Calidade defendeu a idea de recortar os cuadrimestres e eliminar os períodos de exames justificando a decisión, no parón e descanso que supón para o alumno o período do Nadal ou a converxencia con outras universidades europeas.
Neste punto, Armando Caballero de NU esgrimiu algúns os inconvenientes da proposta de calendario coma:
(1) A redución do número de semanas lectivas en cada cuadrimestre produce un problema á hora de pór datas de exames. Se se opta por deixar unha semana ou dúas de exames, non haberá tempo material para impartir toda a docencia. Pola contra, se os exames fanse en momentos distintos do curso dependendo da materia favorecerá o absentismo. Sábese que cando hai exames entre clases, moitos alumnos faltan, o cal é nefasto para a docencia.
(2) Acabando o 7 de maio prexudícase aos alumnos que levan o curso ben e favorécese aos que o levan mal e teñen que presentarse en xullo.
(3) Se as outras universidades empezan máis tarde do 3 de setembro (moi probable), os másteres interuniversitarios ven prexudicados porque ao ter que acabar o 21 de decembro non haberá tempo material para impartir toda a docencia.
(4) Empezando axiña é máis probable que o uso do programa TEMA sexa máis difícil.
(5) Para o curso de primeiro xorde a coordinación cos exames de selectividade, xa que implica que se incorporen alumnos a metade de outubro.
(6) O mes de vacacións dos profesores é agosto. Empezar o 3 de setembro (luns) implica posiblemente a obrigación de renunciar a algún día porque hai que preparar material, sobre todo práctico.
(7) Se os prazos de matrícula seguen sendo tan tardíos como sempre, adiantar o comezo das clases agrava aínda máis o problema, pois os alumnos que se matriculan tarde perderán aínda máis horas de docencia.
Enrique Barreiro, tamén achegou algunhas ideas con respecto ao calendario e, asumindo as súas vantaxes, comenta que se deberían acordar os calendarios e dar unha certa flexibilidade para dar cabida á numerosa casuística de todos os centros. Pregunta ademáis que sucede coa avaliación continúa, e como se define xa que pode variar dunhas titulacións a outras, en referencia ao número de exames, metodoloxías de avaliación válidas, etc.
No punto no que se abordaba o programa Docentia NU votou en contra, en principio por non ter información, pois non se recibiu unha documentación previa senón que se informou directamente no consello.
No apartado de rogos e preguntas Jaime Cabeza pediu que se axilicen as xestións oportunas para desenvolver o regulamento de profesorado e pregunta cando se van atender as recomendacións do Tribunal de Garantías para que se eximan do voto nas comisións de profesorado os propios interesados.
sábado, 11 de febrero de 2012
Consello 08/02/2012
A voz de Nova Universidade lembra os incumprimentos de
Alternativa Universitaria.
Verbo da Normativa de recoñecementos docentes para o curso académico 2012/13 o grupo NU votou en contra, en seguimento dos criterios que ven sostendo desde hai moitos anos. Jaime Cabeza calificou de decepcionante a normativa proposta, ademáis de continuista en todos os erros que teñen conducido a unha situación tan calamitosa no PDI da Universidade de Vigo. A normativa implica un incumprimento de todas as promesas que fixera o reitor no seu programa. Ademáis, aínda non comezou, logo de case dous anos, o proceso de aprobación do Regulamento de Profesorado, que debe ser a base para que toda esta materia se clarifique. NU defende o cómputo íntegro das obrigas -docentes, investigadoras e de xestión- do PDI da Universidade de Vigo. Pensa que a docencia non se valora para nada, e menos a do posgrao. E valora moi negativamente un documento que pon ás claras que o equipo de goberno non ten programa nin rumbo en materia de PDI. O peor é que a normativa onte aprobada amosa unha tendencia a non arranxar nada no fututo. O reitor retrucoulle ao coordenador de NU con disculpas e promesas de futuro, como case sempre.
O programa especial de promoción do PDI da Universidade de Vigo, curso
2011/12 de apoio a consolidación dos
investigadores e investigadoras procedentes dos programas de contratos de
investigación Ramón y Cajal e Parga Pondal foi votado a favor no último
consello de Goberno en consonancia coa visión de Nova que fora reflectida no
programa electoral do 2010. Jaime Cabeza
recordoulle ao reitor o compromiso que
adquiriu con todos eles, sen excepcións, e que xa incumpriu en relación cun
grupo de persoas que esgotaron os seus contratos sen opción a se estabilizar na
Universidade de Vigo. Porén, o coordinador de NU volveu criticar o feito de que
a única canle de saída de prazas para o ano 2012 sexa este plan, en perxuízo,
como sempre, dos ámbitos con déficits de cadro de persoal. Déficits dos que
outra vez o equipo de Goberno manifestou seu desinterese. É por iso que, logo
de amosar o seu apoio ao plan de promoción nos seus eixos estratéxicos, o grupo
se abstivo, polo que considera un afondamento nos desequilibrios na
Universidade.
Verbo da Normativa de recoñecementos docentes para o curso académico 2012/13 o grupo NU votou en contra, en seguimento dos criterios que ven sostendo desde hai moitos anos. Jaime Cabeza calificou de decepcionante a normativa proposta, ademáis de continuista en todos os erros que teñen conducido a unha situación tan calamitosa no PDI da Universidade de Vigo. A normativa implica un incumprimento de todas as promesas que fixera o reitor no seu programa. Ademáis, aínda non comezou, logo de case dous anos, o proceso de aprobación do Regulamento de Profesorado, que debe ser a base para que toda esta materia se clarifique. NU defende o cómputo íntegro das obrigas -docentes, investigadoras e de xestión- do PDI da Universidade de Vigo. Pensa que a docencia non se valora para nada, e menos a do posgrao. E valora moi negativamente un documento que pon ás claras que o equipo de goberno non ten programa nin rumbo en materia de PDI. O peor é que a normativa onte aprobada amosa unha tendencia a non arranxar nada no fututo. O reitor retrucoulle ao coordenador de NU con disculpas e promesas de futuro, como case sempre.
Respecto á Normativa sobre estudos de doutoramento, Armando Caballero,
responsable de Investigación de NU, suxeriu que se considerasen 3 membros nos
tribunais de teses en lugar de 5, e que
a posibilidade de realizar o acto de presentación por videoconferencia fose só
excepcional, pola problemática que pode implicar. Ambas propostas foron ben acollidas e deixáronse
pendentes para unha próxima convocatoria.
En rogos e preguntas, NU preguntou polas
reclamacións de produción científica do ano 2008-09, e tamén polos
orzamentos asignados ás partidas de Transferencia que se aprobaron nun consello
do ano pasado. Respondeuse que se está traballando niso e
que xa se están tramitando ditas axudas. Ao fío do suposto regulamento e posterior
normativa universitaria sobre PDI, NU solicita
que se poña en valor os méritos de xestión de igual forma que os méritos de
investigación.
viernes, 18 de noviembre de 2011
EVIDENCIAS DOS DESEQUILIBRIOS
Sen dúbida, os dous asuntos máis salientables do Consello de Goberno do luns 14 novembro foron a aprobación dos criterios e do procedemento de promoción ao corpo de catedráticos/as de Universidade e a aprobación dos criterios de cómputo da carga docente básica en titulacións de grao.
No que se refire ao primeiro deles, a normativa que presentou o equipo de Goberno –e que saiu co exclusivo voto en contra dos membros de Nova Universidade, alén de tres abstencións- é absolutamente regresiva. Ate o luns, se non había oco por cadro de persoal –isto é, se non había unha ratio inferior ao 25 por 100 de persoal consolidado catedrático nunha área de coñecemento- había que ter tres sexenios para que unha persoa acreditada como CU obtivese a saída a concurso dunha cátedra. O bodrio que se aprobou o luns deixa todo en mans dunha decisión anual verbo do número de cátedras que han saír cada ano. Hai evidentes razóns para oporse a esta medida, básicamente as que seguen:
1) UVigo ten unha percentaxe moi baixa de CU no seu cadro de persoal. Se o óptimo para estar na media serían 250 catedráticos/as, estamos a 100 de chegar ao dito óptimo. Nestas condicións, adiantar medidas restritivas non é lóxico.
2) O número de cátedras é, desde logo, un indicio de calidade, que parece que despreza a nosa institución.
3) O acceso ao corpo 0500 é parte do dereito á promoción profesional do PDI de Universidades, que o Consello de Goberno lamina por escuras consideracións, xa que deixa de haber criterios obxectivos, máis ou menos ríxidos, que unha persoa ten que cumplir para ter dereito á convocatoria da cátedra. O esforzo en cátedras pasa a ser contixente da ¿vontade? política da maioría de turno.
4) Desde logo, os e as TU van ter poucos incentivos para traballar arreo e para “suar a camiseta”, como quere a verborrea salustiniana.
5) AU non quere presentar un plano xeral de aforro de custes en capítulo 1 na época de crise económica, senón que presenta medidas illadas, sen que se poida facer unha listaxe de prioridades ordenada. Nestas condicións, a dúbida é que capítulos manteñen e que capítulos non e por que.
6) En fin, sen abondar máis nesta laminación de dereitos, o argumento da conxelación da masa salarial bruta non é máis que un mantra xustificativo, porque precisamente estaría excluído un convincente plan de incentivos, como admiten expresamente as leis orzamentarias. E, aínda que así non fose, habería que priorizar o aforro e manter unha política estrutural como é a converxencia no número de catedráticos/as coa media do Reino de España. En resumo, esta decisión é toda unha paráfrase do respeto que ten AU polas carreiras profesionais na UVigo, respeto do que PDI e PAS somos vítimas conxuntas.
O noso representante no eido de Investigación, Armando Caballero, fixo algunhas preguntas na sesión de Consello de Goberno do pasado luns 14 de novembro.
Isto implica:
(1) Que os alumnos terá unha oferta formativa moitísimo menor para elixir.
(2) Que os alumnos que non poidan matricularse nun máster terán que facelo noutro do ámbito, implicando unha masificación destes últimos.
(3) Que se hai límites máximos nos másteres sobreviventes, algúns alumnos poden quedar sen praza de máster.
(4) Que nalgún ámbito sinxelamente é posible que non sobreviva ningún máster polo que os alumnos non poderán matricularse de máster.
(5) Por último, que todo o traballo desenvolvido polos profesores que organizaron másteres nestes últimos anos vén abaixo. Pasamos da estratexia "cantos máis másteres mellor" a "cantos menos mellor".
Sabemos que o reitorado está a tentar que a aplicación desta norma aprácese até o curso 2012-13 e queremos saber como están estas xestións.
A pregunta é cal é a postura oficial da Universidade antes este decreto. Vaino a acatar sen máis ou vai loitar por moderalo?
Engádese táboa coas duas últimas columnas da análise sobre o PDI da UVigo.

No segundo tema –criterios do cómputo da carga docente básica en titulacións de grao- a postura do grupo en Consello de Goberno foi votar en branco. Convén explicar esta decisión. Desde logo, non nos gusta a fórmula empregada nen o resultado. A fórmula parte de facer un castelo no ar, sen fixar criterios previos, como tiña que ser a aprobación do Regulamento de Profesorado ou a fixación dunhas bases do que tiña que ser a relación de postos de traballo –RPT- de PDI. A fórmula é restritiva, teledirixida á finalidade de que apenas salan prazas de déficit. É dicir, faise a fórmula a partir do resultado e non á inversa. O que pode saír é un monstro, especialmente perigoso ante as afiadas tesoiras do goberno de Feijóo.
Porén, hai elementos de cambio que hai que valorar. O primeiro deles é o establecemento dun criterio que permite facer un cálculo do número de PDI necesario en cada centro. É un traballo ímprobo, que hai que recoñecerlle a Margarita Estévez e ao seu equipo. Un traballo que estaba pendente desde que comezó a andaina de Domingo Docampo como reitor. Catorce anos máis tarde, a aprobación dun criterio obxectivo de carga docente básica pon ás craras a nefasta executoria dos sucesivos equipos de AU en materia de profesorado, co establecemento de desequilibrios inaceptables entre áreas de coñecemento que agora a fórmula aprobada deixa ás claras, incluso en intensidades máis amplas do que cabía pronosticar. É o recoñecemento explícito de que UVigo leva catorce anos á toa en temas de profesorado. Ademáis, converxe co noso programa noutro aspecto: en que a carga básica de grao é unha parte da carga básica total para o cálculo do PDI estable necesario. Xa que logo, hai que aprobar carga básica de posgrado e carga básica doutras actividades correspondentes ao PDI. Outra vez, AU vese na obriga de recoñecer explícitamente a tolemia de como se implantaron os posgraos en Vigo da man do nefasto goberno de Alberto Gago. A este respecto, o reitor Mato de la Iglesia comprometeuse á pregunta de NU a que neste curso se presentarían a Consello de Goberno os criterios de carga básica de posgrao, alomenos. E comprometeuse asemade ao comezo inmediato dos traballos para a aprobación do Regulamento de Profesorado. Nestas condicións, pareceunos oportuno apostar por unha abstención crítica, para esixir que se afonde neste proceso de clarificación. Por moi pouco rigorosos que sexan os criterios que se están a empregar.
Por certo, adxuntamos ao blog un cadro coa proxección na maioría dos centros –todos dos que temos dados concretos- da fórmula de carga docente básica en termos de exceso o defecto de profesorado consolidable. Os números falan por si sós de dúas ideas básicas:
1) desequilibrios abafantes.
2) Pouco respeto de AU polo labor docente do PDI, que se contabiliza sempre con criterios extremadamente restritivos. A lectura deste cadro produce vergoña allea. Por certo, ten unha pequeña marxe de erro –non máis do 10 por 100- derivada de que non temos números exactos verbo das taxas de abandono e de fracaso.
PREGUNTAS NOVA1) desequilibrios abafantes.
2) Pouco respeto de AU polo labor docente do PDI, que se contabiliza sempre con criterios extremadamente restritivos. A lectura deste cadro produce vergoña allea. Por certo, ten unha pequeña marxe de erro –non máis do 10 por 100- derivada de que non temos números exactos verbo das taxas de abandono e de fracaso.
O noso representante no eido de Investigación, Armando Caballero, fixo algunhas preguntas na sesión de Consello de Goberno do pasado luns 14 de novembro.
- Hai uns días a Vicerreitora de Profesorado comunicounos as instrucións da Xunta para a impartición dos másteres oficiais para o próximo curso. Estas instrucións son moi inquietantes porque restrinxen a impartición de másteres a aqueles que teñan un mínimo 20 alumnos matriculados en setembro (quizais en xullo). A Xunta parece non darse conta de que os másteres son docencia especializada, non de masas, polo que é lóxico que non haxa moitos alumnos.
Isto implica:
(1) Que os alumnos terá unha oferta formativa moitísimo menor para elixir.
(2) Que os alumnos que non poidan matricularse nun máster terán que facelo noutro do ámbito, implicando unha masificación destes últimos.
(3) Que se hai límites máximos nos másteres sobreviventes, algúns alumnos poden quedar sen praza de máster.
(4) Que nalgún ámbito sinxelamente é posible que non sobreviva ningún máster polo que os alumnos non poderán matricularse de máster.
(5) Por último, que todo o traballo desenvolvido polos profesores que organizaron másteres nestes últimos anos vén abaixo. Pasamos da estratexia "cantos máis másteres mellor" a "cantos menos mellor".
Sabemos que o reitorado está a tentar que a aplicación desta norma aprácese até o curso 2012-13 e queremos saber como están estas xestións.
- Por outra banda, e xa referidos aos novos másteres que se implanten de aquí en diante, que serán a maioría se se mantén o requisito de 20 alumnos, as instrucións impoñen uns requisitos onde as palabras empresa, contorno socioeconómico, orientación laboral, demanda laboral, competencias profesionais, etc. abundan. Que os másteres teñan aplicacións laborais está moi ben e é necesario, pero, ¿que pasa cos másteres de investigación básica en calquera dos ámbitos?
A pregunta é cal é a postura oficial da Universidade antes este decreto. Vaino a acatar sen máis ou vai loitar por moderalo?
- Avaliación do VAD. Para o curso 2009-10 os departamentos xa non teñen que considerar as coordinacións dos programas de doutoramento porque pasaron ao ámbito da Facultade. Tampouco a entrega de actas de doutoramento, etc. Esa avaliación pasa agora ás Facultades, pero tívose en conta na petición do VAD?
lunes, 3 de octubre de 2011
Consello Goberno 30.09.2011
Nova Universidade preguntou polo feito de que houbese certos retrasos nas convocatorias da vicerreitoría de Investigación, que en palabras de Jaime Cabeza, “parece sacar cada convocatoria a cuentagotas”.
Eliminación da vicerreitoria de Investigación en Ourense
Nova Universidade amosou inquedanza ante o feito que novamente se retira autonomía ao campus ourensán. Quixemos saber cal é a xustificación real da eliminación desa vicerreitoría en boca do noso representante Armando Caballero, despois de que durante a campaña “se nos vendera a idea de que se establecia como forma de descentralizar a xestión e de potenciar a investigación en Ourense”.
Preocupámonos tamén de certos problemas na xestión das listas de agarda que producen que ao final haxa que recurrir a invitacións. E lembrámoslle ao reitor que xa estaba ben de falar de "gobernanza externa" e que xa tocaba entrar de cheo neste curso académico na estrutura de centros, departamentos e goberno da nosa Universidade.
Eliminación da vicerreitoria de Investigación en Ourense
Nova Universidade amosou inquedanza ante o feito que novamente se retira autonomía ao campus ourensán. Quixemos saber cal é a xustificación real da eliminación desa vicerreitoría en boca do noso representante Armando Caballero, despois de que durante a campaña “se nos vendera a idea de que se establecia como forma de descentralizar a xestión e de potenciar a investigación en Ourense”.
A escusa do aforro poderá ser real ou non pero en calquera caso non parece convincente e os investigadores de Ourense estarán defraudados de que se elimine unha vicerrectoría que supostamente tiña como obxectivo fortalecer a investigacion nese campus.
Por outra banda, Nova Universidade fixo fincapé no feito de que a unha semana vista do inicio do curso académico houbese cambios de data no día de apertura do curso académico. Pois aínda que sexa culpa dunha decisión da Xunta, instamos a que se siga facendo presión para que se establezan as datas con máis antelación.
Tamén preguntouse sobre o rumor de que a Universidade de Vigo podería asumir ás escolas de enfermaría, ao que o reitor contestou que a proposta está sobre a mesa e vaise a analizar dende os diversos puntos de vista (económico, académico, ...) co que o resultado dependerá da capacidade de chegar a acordos cos axentes implicados.
lunes, 25 de julio de 2011
Consello Goberno 21.07.2011
NU abstense sobre o Plan de xubilación e esixe que se presente unha proposta de axuste completo e non medidas illadas
As medidas de axuste concretas non convencen a Nova Universidade que insta o equipo de Goberno a que presente un plan global de axuste económico. Neste punto da modificación do plan de xubilación Alejandro Pereira tomou a palabra e en nome de NU anunciou a abstención a pesar de que se asuma a situación de crise xeral e a redución, por este motivo, no plan de xubilación. Estas medidas deberían coñecerse no marco dun plan conxunto que nos permita coñecer de antemán a situación económica da universidade evitando na medida do posible a incerteza que nos depara os próximos meses. A esta demanda o vicerreitor de Asuntos Económicos responde, como non podía ser doutra forma, que non había motivo para a preocupación pois están a preparar un plan de sustentabilidade.
Outra das intervencións de NU produciuse no punto do regulamento de libre mobilidade a través do noso representante Enrique Barreiro, quen solicitou que a supervisión de aceptación dos plans de convalidación sexa unha competencia e responsabilidade do centro e non da persoa encargada de asuntos internacionais.
En rogos e preguntas Enrique Barreiro novamente interveu solicitando a elaboración dunha normativa xeral de avaliación, neste sentido responde o vicerreitor de Alumnado que lle parece unha boa idea pero que agora mesmo “están desbordados”.
Pola súa banda Alejandro Pereira roga que se cumpra o acordo anterior sobre o cumprimento das 30 horas dos profesores exceptuando os membros do equipo de goberno, xa que hai coñecemento de que existen aproximadamente 25 profesores con carga lectiva igual a 0 horas. Neste sentido tamén roga que se poida consultar o POD do profesorado desta Universidade tal como podíase facer anteriormente desde os departamentos, dado que a dirección dos mesmos debe poder acceder á información sobre as horas de ocupación de cada un dos docentes.

lunes, 13 de junio de 2011
En déficit e cos mesmos desequilibrios
AU xustifica os números negativos a pesar da reducción dun 5% nas nóminas apelando ao plan de promoción que máis se solventar problemas segue reproducir os desequilibrios entre áreas con altísima carga docente que non poden medrar mentras o fan outras que perden día a día matrícula de alumnado. A política de profesorado é para Nova o maior problema e debilidade que está amosando o goberno da UVigo.
CONSELLO DE GOBERNO 13/06/2001
A memoria económica e o Campus do Mar, NU demanda rigor.
Nova Universidade, neste caso a través do noso representante Alejandro Pereira, pregunta polos indicadores de resultados e sobre cal é a xustificación de que en non incidise nos gastos a rebaixa salarial correspondente a un 5% que ao aplicarse a medio ano correspondería a unha baixada de 2,5% , porcentaxe que non se contempla xa que en gastos de persoal só houbo unha redución do 1,3% .
Na táboa que introducimos, con datos aportados en Consello de Goberno, se evidencia a entrada en déficit orzamentario.
No Consello de Goberno do día 13 Nova Universidade preguntoulle ao sr. xerente polo feito de non ter pagado o complemento de excelencia curricular da Xunta de Galicia correspondente ao ao 2009 e en relación cos tramos recoñecidos no dito ano. Nas últimas semanas houbo información confusa relativa a que algúns reclamantes recibiran unha comunicación de que se lles pagarían de inmediato. A explicación que deron o xerente e o vicerrector de planificación é que houbo un erro imperdoable polo que non rexistraran o correspondente ingreso da Xunta e piden públicas disculpas. E engaden que se regulizará de inmediato o pagamento a todas as persoas afectadas, reclamantes ou non. No nome propio, o coordenador do noso grupo aceptou as disculpas, pero remarcou a gravidade do erro, para que non se repitan feitos tan lamentables.
En rogos e preguntas Jaime Cabeza denuncia a situación do OFOE. Tansferiuse á Fundación Universidade de Vigo e, con ocasión desta trasnferencia, se extinguiron os contratos de catro traballadoras que moi pouco antes obtiveran por sentencia a condición de traballadoras indefinidas. O coordenador de Nova reprochoulle esta actuación ao xerente e máis ao vicerrector de transferencia, indicándolles que a súa conduta ten un claro arrecendo de vulneración de dereitos fundamentais.
A presentación das contas do Campus do Mar por parte de Emilio Fernández foi outro momento destacable da xuntanza de hoxe. Por mor desta presentación, Jaime Cabeza sen ánimo de ofender ao director do Campus do Mar, solicita ao Consello que se promova un procedemento de seguimento das contas. Por outra banda tamén quere que se teña moita prudencia cos programas de contratación de talentos que poden levar unha futura carga de persoal á UVIGO.
Por último, ainda que sucedeu primero pois foi no informe a Reitor, preguntouse se nos requisitos dos programas de doutoramento se tiña incluído algún criterio de distinción por ámbito universitario (informouse de que ten que haber un mínimo de 10 teses activas e 1 lectura de tese)

martes, 10 de mayo de 2011
Intervencións de Nova Universidade no Consello de Goberno
Tal e como sucedeu...
En relación á normativa de directrices xerais de seguimento dos títulos oficiais, Armando Caballero interveu recoñecendo a necesidade dunha regulación do seguimento dos títulos pero pedindo que se reflexione sobre a cantidade de burocracia que se está xerando, sobre todo en relación ás axudas económicas que se reciben. Os programas de doutoramento xestionábanse polo departamento e tiñan un presuposto tres veces superior aos masteres equivalentes, nos que cada vez se pide maior burocracia sen axuda administrativa.
No terceiro punto da orde do día Jaime Cabeza indicou que Nova está basicamente de acordo co espírito da normativa en canto á eliminación dos contratos de substitución a tempo completo por causas orzamentarias pero que lle parece que sobra o punto 1.2 da normativa no que se impide aos funcionarios doutras administracións optar á devandita convocatoria xa que dita incompatibilidade está recollida na lei 53/1984. A vicerreitora de Profesorado recolleu a luva e asume que consultará aos servizos xurídicos a modificación da normativa.
Jaime Cabeza interveu ademáis en relación á asignación de horas extras ao persoal PDI laboral propondo que se definan claramente as situacións extraordinarias nas que se poidan aplicar as horas extras, como situacións de cambio de plans de estudo, e ILTs.
Entendendo esta posibilidade de aplicación de horas extras como dereito do persoal PDI laboral, xa que non existe espírito de obrigatoriedade, Cabeza, en nome de Nova, pide que se extrapole devandito dereito ao persoal PDI Funcionario, asumindo da mesma forma a súa aplicación en casos extraordinarios.
En rogos e preguntas Alejandro Pereira comentou que se evite na medida do posible que a comunidade universitaria téñase que decatar das noticias antes pola prensa que pola propia Universidade, como foi no caso da noticia da Voz de Galicia do día 6 de maio referente a de a non inclusión do master de Tecnoloxías Industriais na oferta de estudos por parte da Universidade de Santiago para o curso académico 2011-12. Por outra banda o Reitor responde, bastante irritado, que non todo o que sae na prensa ten porque ser verdade e que ata que teña confirmación fidedigna da noticia da USC non se fará público polo que asume que foi unha filtración e por tanto incontrolable.

lunes, 18 de abril de 2011
Consello 15/04/2011
PDI, moitas plantillas pero nada de planificación
NOVA anunciou que ía votar en branco tendo en conta o esforzo dos centros por chegar aos criterios marcados polo Consello de Goberno e as horas de traballo que elo implicou de equipos directivos e profesorado. Dado que estes criterios foron aprobados tivemos que xogar o partido con eles ainda que seguimos abertamente en contra dos memos.
Resumindo as ideas que expresou o profesor Cabeza sobre a postura de NU sobre este tema afirmamos:
1ª.- Que o traballo de organización do Plan Docente Anual (PDA) é totalmente ermo: non paga a pena tanto esforzo, se do que se trata é simplemente de cadrar as contas.
2ª.- Porque o que se pretende é chegar a un resultado predeterminado de antemán: non contratar a ninguén.
3ª.- A finalidade da resolución aprobada está clara: axustar o plano teórico á realidade e non viveceversa, como debería ser.
4ª. Isto pasa porque esta Universidade xamáis tivo relación de postos de traballo de PDI, por razóns escuras. Hai que ter canto antes Relación de Postos de Traballo, isto é, plantilla teórica de PDI para
saber como debe evolucionar a contratación e o nomeamento de profesorado.
5ª.- Quedou moi claro que Alternativa Universitaria nen tivo nen ten programa de PDI.
O reitor responde, como sempre, que esta niso e que había problemas para polo en marcha, entre elas que está pendiente a aprobación do Estatuto de PDI. O líder de NU respondeu con dúas ideas:
1ª.- Que “a plantilla da Universidade de Vigo debe de ser máis complexa que a da Administración Xeral do Estado, porque na nosa institución semella imposible planificar en profesorado”.
2ª.- Que tiña moita fe, pero que lle esixía ter “máis fe que San Juan de la Cruz para creer en que, realmente, tiñan plan de PDI”.
E seguimos igual…
Jaime Cabeza lembrou que era moi pouco democrático que non se tivera convocado claustro, cando se pediu por sinaturas hai catro meses o debate das pagas extras e cando o presidente do Tribunal de Garantías levaba nove anos en funcións. Do das pagas extras nada dixo o reitor. Do de Tribunal de Garantías que estaban “facendo xestións, pero que non era doado propor alguén de consenso”. Polo de agora, e xa van dez meses de goberno, Nova Universidade non recibiu proposta alguna.

Cabeza preguntoulle tamén ao reitor se lle parecía ético que o presidente do Tribunal de Garantías asinara en autoría ou coautoría os informes do Tribunal de Garantías. É dicir, que apareceran como obras súas os informes da institución. Mato respondeu: “que non lle parecía relevante”. E que o reitor quite importancia ao que na nosa opinión é unha piratería intelectual amosa moi poca ética por parte de Luis Espada e un implícito consentimento por do goberno da universidade.
NU pregunta por outras cuestións
En canto á noticia aparecida o 7 de abril no Faro de Vigo, sobre do plan de solvencia, e porque a comunidade universitaria tense que decatar polo xornal. Rógase que este tipo de noticias, por deferencia á comunidade universitaria se comuniquen previamente, aínda que sexa nalgunha zona da páxina web.
Por certo, falando da web pídese que a información sobre as axudas de Investigación se incluan no capítulo de Investigación.
viernes, 1 de abril de 2011
Nova no Consello de Goberno (29/03/2011)
De máis a menos e sen estenderse…
A aprobación da programación docente retirouse como punto da orde do día por decisión da COAP a iniciativa de Nova. Seguiremos informando porque algo non cheira ben.
“Graduado superior en deseño téxtil e moda” xa non podía ser a denominación tras a intervención directa do Defensor do Pobo. Nova pide e se aproba a creación dun “Comité de Ética” para vixiar casos que van desde a falta de transparencia até o plaxio. A idea é repensar como afrontar situacións que poñen en cuestión a reputación da UVigo. O mellor é lavar os trapos en casa.
A pesar do compromiso do reitor non haberá unha Facultade de Comercio, na votación: abstención. Nova apoia na petición ao centro máis céntrico.
Incorporacións de Nova a comisións: Inma Anaya Revolta e Almudena Fernández Briera, na de Posgrao, e Teresa Pérez Igrexas e Águeda Gutiérrez, na de Reclamacións.
Máis que rogar e preguntar temos que lembrar e rifar sobre os problemas que o equipo de Goberno segue sen afrontar directamente como a produción científica (plataforma informática contratada externamente que é un sarpullido e desesperación, lentitude e erros na valoración) así como os complementos da Xunta nunca abonados do ano 2009.
Pouco pero moito…

miércoles, 16 de febrero de 2011
Plan de promoción e "normativa de recoñecemento"
O Consello de Goberno do luns 14 tivo dous puntos centrais:
O primeiro deles, referido ao plan de promoción. Apoiamos que se leve a cabo un Plan de Promoción para consolidar a bolsa de investigadores IPP, RC e axudantes. Porén, deixamos claro que non compartimos o xeito de levalo a cabo. Cuestionamos que o "Plan de Choque" mencionado no programa de goberno de AU non é tal, xa que a proposta é continuista con lixeiras modificacións, en todo caso máis restritivas que as do ano pasado, ao se pedir agora unha antiguidade de 3 anos, no canto da antiguidade dun ano requerida na edición anterior. Indicamos que o Plan crea unha enorme inseguridade nos investigadores, xa que as normas cambian de cotío, e depende tremendamente das vicisitudes cada ano. Por iso, fixemos unha proposta alternativa baseada en criterios e non en cupos. Esta proposta é a que consta no programa de goberno de NOVA. Mais o dito, tras as explicacións da vicerreitora de profesorado e do reitor verbo da súa planificación para o futuro e o compromiso do reitor de manter o plan actual durante 2 ou 3 anos, así como comezar a organizar un sistema de consolidación consensuado baseado en criterios de calidade, decidimos retirar a nosa proposta e aprobar por consenso a do Goberno.
O outro punto central da orde do día foi o referente á “normativa de recoñecemento” de actividades aos efectos de POD. Ou, como se denominou tradicionalmente, normativa de desgravacións. Dado o seu carácter marcadamente continuista, como ben recoñeceu a vicerreitora de profesorado, Nova Universidade non a votou favorablemente. O voceiro Jaime Cabeza avaliou positivamente que se lle denomine normativa de “recoñecemento” mellor que de “desgravacións” no que ten de simbólico. Alén deste avance, e dalgunha pequeña mellora técnica que cómpre recoñecer, é máis do mesmo. O que resulta particularmente preocupante cando o programa de AU nas eleccións comprometera que todos os posgraos e o programa de maiores computaría en POD. Ademáis Cabeza lle recriminou que segue na andaina de favorecer aos grupos grandes en detrimento dos pequenos e que máis de cen profesores/as da nosa Universidade non dan ningunha clase. Nova Universidade solicitou que se emendara a normativa para expresar que, agás o reitor e os vicerreitores/as, todo o PDI debería dar como mínimo 30 horas. Non é moito, pero si un pequeno avance, na liña de evitar unha excesiva acumulación de desgravacións. O equipo de goberno accedeu a incorporar esta emenda. Polo demáis, o reitor comprometeu a elaboración dunha política global de cómputo das actividades do PDI na que se terían en conta todas as súas obrigas. É, desde logo, unha proposta que se achega aos nosos eixos programáticos. Cabeza preguntoulle ao reitor se, neste escenario, podía garantir que os masters profesionalizantes computarían, cando menos, como a docencia no grao. Como Salustiano Mato non se comprometeu apelando a unha “interpretación distinta” do seu compromiso electoral, os membros de NU no Consello abstivéronse. Ou, por falar con máis precisión –como expresou un compoñente do Consello-, votou en branco, nunha postura crítica pero que lle da ao goberno unha marxe de confianza.
Solicitamos que para as axudas de bolsas de máster da universidade se pague a dotación total anual (7.092 euros) no canto de prorratear a dotación ao período 1 de xaneiro a 31 de xullo (uns 4000 euros), tal e como se está facendo. A convocatoria das bolsas indica que a súa duración é de dous anos (1 de xaneiro de 2011 a 31 de decembro de 2012) pero unha corrección reitoral asinada en setembro apunta que a bolsa non poderá gozarse despois da finalización do curso académico, é dicir, o 31 de xullo para os masters anuais. Dado que os masters empezaron o 13 de setembro non se debería considerar o inicio da bolsa en xaneiro e por iso solicitamos o pago íntegro anual. A vicerreitora de Investigación respondeu que están a ver como levar a cabo o pago íntegro.

martes, 18 de enero de 2011
NU di “non” ao continuismo en política docente de AU en Consello
Consello de Goberno 18/01/2011
Nova Universidade dixo “non” ao continuísmo na política docente de Alternativa por favorecer a desigualdade entre titulacións e que o equipo de Goberno non cambiou, tal e como a propia vicerreitora recoñeceu. O pasado ano prometérase que habería unha profunda modificación para afrontar o cómputo de docencia baseado en TMG (tamaño medio de grupo). NU manifesta a súa total oposición ao sistema actual no que se producen enormes desequilibrios entre os estudos con gran número de alumnos e os que pola contra están con exceso de docentes en relación coa matrícula. A inxustiza deste cómputo levounos a reclamar novamente un reprantexamento ao equipo de Goberno e a votar negativamente tras a abstención do ano pasado, no que confiamos nunha promesa, agora se comprobou, incumprida. Mantendo como unidade o grupo, sen ter en conta que pouco ten que ver un grupo de 90 alumnos cun de 10 para a carga docente.
A proposta de NU, por tanto, é que sexa o ALUMNO a unidade de referencia, dado que debe ser este o eixo que estrutura a Universidade e que parece esquecerse.
O outro tema a destacar do Consello desta mañá son as normas para a concesión de ano sabático, no que NU se abstivo debido fundamentalmente a que consideramos que non pode cada ano decidir a comisión as pautas para dar ou denegar esta posibilidade a un profesor senón que debe elaborarse un regulamento. De feito, os criterios anuais son tan amplos que lle deixan á comisión absoluta discrecionalidade. NU considera que o feito de que cada ano dependa dunha comisión sen unhas pautas ben definidas produce unha inseguridade xurídica que non apoiará. Segundo o propio reitor, el pensa involúcrarse persoalmente para que esta demanda de NU se atenda e se establezan criterios permanentes.
Consello extraordinario
Da reunión extraordinaria que tiña como único punto a modificación do regulamento do Consello de Goberno só queremos salientar que se presentou como propia (Ana Graña) unha iniciativa de Nova Universidade. Na reunión precedente Jaime Cabeza indicou que sería máis acaído que os criterios de maior antiguidade, seguido do de idade -para dirimir o último posto da comisión, en caso de empate- utilizar a lóxica da paridade e só os anteriores como supletorios en caso de igualdade. Ana Graña aportaba e “vendía” a iniciativa como do seu grupo, e por iso simplemente cómpre lembrar neste blog que foi NU e non AU quen considerou a igualdade de sexos como argumento, sen máis.
miércoles, 22 de diciembre de 2010
CONSELLO GOBERNO, 21.12.2010
No apartado de investigación e transferencia, mostramos a nosa crítica a que a partida do Capítulo II (gastos correntes, que inclúen material de oficina, atencións protocolarias, viaxes e dietas, estudos varios, etc.) incrementouse en 50.000 euros (o 11%) no capítulo actual, nun contexto xeral de redución orzamentaria, e motivado polo desdobramento da anterior vicerrectoría de investigación e transferencia en tres vicerrectorías actualmente. Este incremento contrasta coa drástica redución en case todas as partidas de axudas aos grupos de investigación, tales como as bolsas de viaxe nun 40%, as bolsas de estadías (25%), as bolsas de posgrao (8%), as axudas a equipos de investigación (30%), as axudas a reunións científicas (64%), as axudas de transferencia (31%) ou as axudas aos departamentos (13%).
REFLEXIÓNS SOBRE OS ORZAMENTOS DE JAIME CABEZA DURANTE O CONSELLO:

I.- O proxecto de orzamentos se gaba de que os gastos da UVigo no Capítulo I seguen a ser inferiores do que teñen outras Universidades do SUG.- Non me parece para estar satisfeitos. Paréceme perigoso. Ter por debaixo da media estatal de gasto en capítulo I quere dicir que non temos persoal abondo.
II.- Non se fai referenza á corrección de desequilibrios na dotación de PDI, agás que se conteña nuns programas de promoción do profesorado moi revolucionarios nos que nós, desde logo, non acreditamos. A aposta é pola “excelencia académica”. Os centros e os ámbitos menos desenvolvidos cada vez quedan máis empobrecidos.
III.- Segue sen preverse RPT de PDI. Por que son vostedes tan renuentes ao cumprimento da Lei?
IV.- Non existe plan de funcionarización do PDI. Segundo os seus datos, a taxa de funcionarización é do 54’77 por 100 no PDI, moi baixa. E crece o número de persoas contratadas-doutoras.
V.- O capítulo de desgravacións docentes é un totum revolutum. Onde quedou a “nova métrica” da que se nos falou no programa de AU? As actividades derivadadas de programas de grao e posgrao non son “desgravacións” senón traballo docente.
VI.- Baixa outro banzo a dotación de fondos bibliográficos, a que máis sufriu no pasado exercicio. Fálase de “esforzo de contención do gasto”.
VII.- As contías de bolsas para o estudantado son ben cativas. 504150, é unha contía para falar de que a UVigo é socialmente responsable neste ámbito? E para que se fale de esforzo xeneroso?
VIII.- As contías en políticas de benestar son ridículas. Que pasa co fondo de pensións, por exemplo?
IX.- Desde logo, o Goberno ten o noso aplauso na contención do investimento en infraestruturas.
En definitiva trátase dun presuposto marcadamente continuista, moi afastado dos eixos programáticos do que nós defendimos en campaña. Reiterámonos no dito o outro día por noso representante, Enrique Barreiro.
En xeral, a aporta pola competitividade en épocas de recortes implica un empobrecemento dos ámbitos de coñecemento menos desenvueltos. Implica pouca solidariedade e un modelo inxusto.
lunes, 22 de noviembre de 2010
Notas sobre o Consello de Goberno
O Consello de Goberno de hoxe non aportou novidades moi transcendentais en termos de política universitaria. Pero o equipo de goberno xa está a amosar improvisación, falta de criterio e unha xestión ineficaz. O informe do reitor centróuse nos parabens unánimemente compartidos do éxito do Campus do Mar e tamén informou do estado da negociación do plan de finanzamento. Neste punto expresou unha postura algo máis “prudente” que a morea de millóns que prometeu en campaña para a Universidade de Vigo.
Como aspectos de discusión que se merecen suliñar houbo catro puntos máis importantes. O primeiro deles consistiu na aprobación da convocatoria extraordinaria do plan especial de promoción 2010. Neste tema Armando Caballero en representación de Nova Universidade formulou varias preguntas para coñecer aspectos dubidosos de dita convocatoria: por exemplo o número de posibles concursantes ou o por qué de que resolva a comisión de investigación e non a ACSUG, ou se se ten pensado nunha planificación plurianual para resolver o problema dos investigadores contratados. Nova Universidade sinte unha fonda preocupación de que non haxa agravios comparativos entre uns contratados e outros. Porén, o equipo de goberno amosou toda a sua falla de planificación e absoluta improvisación. O propósito de “non perder unha pinga de talento” que o candidato Mato de la Iglesia expresou en campaña corre o risco de se converter nunha realidade oposta na que se perdan non pingas, senón torrenteiras de talento. O equipo non foi quen nin siquera de precisar o número de persoas que estaban na situación extraordinaria prevista na convocatoria. NU quere expresar a súa consternación fonda polo escuro futuro que co Goberno de Alternativa Universitaria lles agarda a un colectivo de investigadores de arredor de 80 persoas –os números que expresou a vicerreitora “da cousa” son de arredor de 60. Ela saberá-.
Outro punto no que o o noso grupo foi especialmente crítico referiuse ao tema dos profesores eméritos. Coa abstención de Nova Universidade se resolveu denegarlle dita condición a un profesor por non ter sexenios. Tomou a palabra Manuel Deaño para expresar o seu desacordo coa postura denegatoria porque non existen criterios nin normativa concreta, por máis que Nova Universidade leve anos pedíndoa. Nesta situación a decisión negativa aprobada no Consello de hoxe nos parece arbitraria e lesiva dos lexítimos intereses de profesores que non contan con reglas claras.
Outro punto a destacar foi a falla de criterio existente no recurrente tema de orden de prelación na elección de docencia dentro dos departamentos e quedou claro a necesidade de normalizar a escolla de docencia sen que teña que prevalecer sempre a categoría e antiguidade.
Finalmente, presentouse ao Consello de Goberno unha iniciativa maioritariamente avalada por NU para que a UVigo solicite á Xunta de Galicia a saída do Plan Galego de I+D. Tomou a palabra Silvia Rodríguez Ramilo para defender a moción, que foi aprobada por unanimidade. O noso grupo promoveu unha iniciativa que nos parece xusta e inaprazable, ante as dúbidas e a inseguridade que teñen os nosos investigadores.

miércoles, 13 de octubre de 2010
CONSELLO DE GOBERNO 13/10/10
NU LEMBRA AO REITOR O SEU COMPROMISO DE AUSTERIDADE EN CARGOS E PREGUNTA POLA ASISTENCIA TÉCNICA DO EX VICEXERENTE DO CAMPUS DE OURENSE
As reubicacións de ex vicexerentes e os postos políticos son motivo de intervención en Consello de Goberno do líder de NU, Jaime Cabeza, que requeriu ao reitor información sobre a asistencia técnica de Miguel Diéguez que ocupou no mandato de Gago este posto no campus de Ourense para que se aportasen os dados da duración, contido e contía do contrato.
Austeridade en cargos e non recortes en convocatorias de investigación, fondos de biblioteca ou aglutinación en Profesorado de varias direccións mentres xurden novos postos recolocando ex cargos do equipo de goberno precedente de AU baleiros de competencias. Dous novos comisionados, de Coordenación Interna e Novos Proxectos, indican o engorde non explicado en campaña por AU e agora Nova Universidade pide explicacións, sen que o reitor acertara a explicar os contidos do labor destes entes.
A pregunta de NU con respecto aos comisionados referiuse ás funcións e necesidade dun terceiro que se mantén: Plan Estratéxico. Dito plan xa foi elaborado por un equipo dirixido polo actual vicerreitor de Economía e Planificación, Xosé Manuel García Vázquez, e únicamente se trata de proseguer coa súa aplicación. Desde a perspectiva de NU este cargo é claramente redundante e ademáis reflicte unha compensación por servizos prestados en campaña.
No punto terceiro sobre a creación da Escola de Enxenería Industrial (EEI) para o que non se aportou ninguna información o representante de NU, Alejandro Pereira , indicou que “é tan sinxelo como introducir un link a Escola de enxeñería Industrial” e pediu información verbo dos prazos correspondentes ao período transitorio definido na memoria de creación da EEI. A vicerreitora evidenciou que non ten ningún plan ao respecto. Outra das preguntas de Pereira neste epígrafe foi na liña da planificación da asignación e ubicación dos distintos graos ás distintas sés e se se repetería o procedemento de sorteo que se fixo no caso dos alumnos.
Xa en rogos e preguntas Cabeza recordou ao reitor a súa promesa de campaña de que se pagarían íntegramente as pagas extras ao PDI da UVigo e Armando Caballero lembrou máis promesas incumpridas referidas ao acceso automático e en tempo real á información dos proxectos de investigación. Caballero tamén incluiu neste punto a necesidade de sincronizar a incorporación de docentes en ano sabático o arranque de curso así como o reaxuste no calendario do prazo de matrícula dos masters . Neste tema Enrique Barreiro enfatizou o barullo que se ten montado ao redor do inicio dos posgraos.
Cabeza solicita información sobre a definición clara das competencias das distintas vicerreitorías a consecuencia de que o vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade defendeu o curso de “Especialista en empresa familiar”. Non se entende ben que os títulos propios non lle correspondan a vicerreitoría Organización Académica, Profesorado e Titulacións.
Os recortes dos fondos das bibliotecas tamén foron motivo de intervención de NU que require unha vez máis ao reitor o cumprimento do seu programa electoral onde no eixo 2 de Alumnado e Docencia se comprometía a “incrementar o uso e os fondos da biblioteca”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)