miércoles, 13 de octubre de 2010

CONSELLO DE GOBERNO 13/10/10

NU LEMBRA AO REITOR O SEU COMPROMISO DE AUSTERIDADE EN CARGOS  E PREGUNTA POLA ASISTENCIA TÉCNICA DO EX VICEXERENTE DO CAMPUS DE OURENSE

As reubicacións de ex vicexerentes e os postos políticos son motivo de intervención en Consello de Goberno do líder de NU, Jaime Cabeza,  que requeriu ao reitor información sobre a asistencia técnica de Miguel Diéguez que ocupou no mandato de Gago este posto no campus de Ourense para que se aportasen os dados da duración, contido e contía do contrato.
Austeridade en cargos e non recortes en convocatorias de investigación, fondos de biblioteca ou aglutinación en Profesorado de varias direccións mentres xurden novos postos recolocando ex cargos do equipo de goberno precedente de AU baleiros de competencias. Dous novos comisionados, de Coordenación Interna e Novos Proxectos, indican o engorde non explicado en campaña por AU e agora Nova Universidade pide explicacións, sen que o reitor acertara a explicar os contidos do labor destes entes.
A pregunta de NU con respecto aos comisionados referiuse ás funcións e necesidade dun terceiro que se mantén: Plan Estratéxico. Dito plan xa foi elaborado por un equipo dirixido polo actual vicerreitor de Economía e Planificación, Xosé Manuel García Vázquez, e únicamente se trata de proseguer coa súa aplicación. Desde a perspectiva de NU este cargo é claramente redundante e ademáis reflicte unha compensación por servizos prestados en campaña.
No punto terceiro sobre a creación da Escola de Enxenería Industrial (EEI)  para o que non se aportou ninguna información o representante de NU, Alejandro Pereira ,  indicou que  “é tan sinxelo como introducir un link a Escola de enxeñería Industrial” e pediu información verbo dos prazos correspondentes ao período transitorio definido na memoria de creación da EEI.  A vicerreitora evidenciou que non ten ningún plan ao respecto. Outra das preguntas de Pereira neste epígrafe foi na liña da planificación da asignación e ubicación dos distintos graos ás distintas sés e se se repetería o procedemento de sorteo que se fixo no caso dos alumnos.
Xa en rogos e preguntas Cabeza recordou ao reitor a súa promesa de campaña de que se pagarían íntegramente as pagas extras ao PDI da UVigo e Armando Caballero lembrou máis promesas incumpridas referidas ao acceso automático e en tempo real á información dos proxectos de investigación. Caballero tamén incluiu neste punto a necesidade de sincronizar a incorporación de docentes en ano sabático o arranque de curso así como o reaxuste no calendario do prazo de matrícula dos masters . Neste tema Enrique Barreiro enfatizou o barullo que se ten montado ao redor do inicio dos posgraos.
Cabeza solicita información sobre a definición clara das competencias das distintas vicerreitorías a consecuencia de que o vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade defendeu o curso de “Especialista en empresa familiar”. Non se entende ben que os títulos propios non lle correspondan a vicerreitoría Organización Académica, Profesorado e Titulacións.
Os recortes dos fondos das bibliotecas tamén foron motivo de intervención de NU que require unha vez máis ao reitor o cumprimento do seu programa electoral onde no eixo 2 de Alumnado e Docencia se comprometía a “incrementar o uso e os fondos da biblioteca”.

4 comentarios:

  1. Respuesta de Tano en su blog a preguntas de Jorge Falagán sobre las deudas y las pagas extras:

    " Tano Mato opina: 29/04/2010 as 12:44

    Jorge, eu estou disposto a abonarvos todas estas cantidades, entre outras cousas porque vos corresponden. Sin embargo, non te podo dicir cando o faremos porque dependerá da situación financieira da nosa Universidade. Se é posible asumiremos as débedas as abonaremos á maior brevidade. No peor dos casos, se pasamos penuria económica farémolo de xeito progresivo, pero desde logo temos idea de devolver o diñeiro que vos corresponde. En canto ás pagas extras… tamén asumimos ese compromiso, pero neste caso vai ser moi difícil facelo desde xullo, posto que este ano hai xa un orzamento en marcha. Haberá que esperar a xaneiro…
    Grazas polo teu comentario,
    Tano Mato"

    No ha habido ningún movimiento para desarrollar este compromiso. Hay una entrevista pendiente, solicitada repetidamente desde finales de Julio por J. Falagán en nombre de una comisión de reclamantes, para la que parece imposible encontar un hueco en la agenda del Rector.

    Además de las deudas y compromisos sobre cantidades debidas hasta Diciembre de 2009, no se está abonando lo estipulado de forma explícita para las pagas extras en el BOE de finales de Mayo, que regula los sueldos de los funcionarios después del recorte. Se alega por parte de la Gerencia (basándose en informes de la Secretaría de Costes) un supuesto error en el BOE, que 4 meses después no ha sido corregido. ¿Hay que pagar lo que dice el BOE y corregido el error, si lo hubiese, recomponer el sueldo abonado o pagar en función de un supuesto error que probablemente no se corrija nunca?

    ResponderEliminar
  2. Me alegro de que estéis de vuelta en la red tras las elecciones. A ver si os mantenéis activos como un modo de conocer otras versiones distintas de la oficial de lo que ocurre en esta Uiniversidad.

    ResponderEliminar
  3. Xa era hora de que alguén recordara no Consello de goberno as promesas electorais e reivindicara o seu cumprimento!!

    ResponderEliminar
  4. Es increible, se les llenó la boca de la palabra austeridad y Tano presumía de que su equipo tenía un vicerrector menos y ahora ya ha nombrado a 3 comisionados (equivalentes a vicerrectores) por la puerta de atrás. Y además con gente de la vieja guardía de Alternativa (ex-vicerrectores) ¿no presumía Tano de que el era una nueva alternativa (la alternativa a Alternativa)?

    En fin, nada nuevo para los que ya conocíamos de sobra al personaje. Me alegro de que abráis esta vía de información y participación al margen de las versiones oficiales del Nodo-Duvi.

    ResponderEliminar