miércoles, 6 de octubre de 2010

NOTA DE PRENSA ASEMBLEA


JAIME CABEZA RATIFICADO POR ACLAMACIÓN COMO COORDENADOR DE NOVA UNIVERSIDADE

A formación Nova Universidade celebrou unha asemblea na tarde de hoxe na que Jaime Cabeza resultou ratificado como líder da mesma logo de poñer o seu cargo a disposición dos presentes.

Na mesma reunión se fixo un repaso dos resultados acadados nos distintos campus e centros das últimas eleccións a Reitor da Universidade de Vigo.

Na análise realizada por NU se valoraron positivamente os resultados dunhas eleccións nas que se perdeu por 117 votos e se mellorou  substancialmente a porcentaxe de apoios nos tres campus.

Os membros da asemblea quixeron amosar a Jaime Cabeza, “o seu agradecemento polo que fixo e confianza polo que vas a facer”, manifestando a “ilusión e unión” do grupo por “administrar o caudal de votos obtidos e iniciar un traballo acreditado de control e impulso de iniciativas” para Universidade de Vigo. Indicouse que foi un campaña limpa, coherente e correctamente realizada.

No encontro NU acordou nomear como portavoz no claustro a Mónica Valderrama e representantes de campus de Ourense e Pontevedra os que foran candidatos a vicerreitores, Margarita Pino e Enrique Barreiro, respectivamente. 

NU sinala que “estamos no bo camiño” facendo o seu labor comprometido co servizo público a través dos seus representantes nos órganos de goberno, nos campus e nos centros cunha “Cabeza visible” no conxunto da UVigo.

Momentos da reunión.



2 comentarios:

  1. Perdimos, pero por poco. Ese es el análisis de NU (ya lejos del momento concreto) del resultado de las elecciones que nos llega a los lectores. Agradecería algo mas de detalle y autocrítica. Por ej.

    - ¿a qué creen que se debe el demoledor resultado del candidato en su propia Facultad, especialmente entre el profesorado? Claro que hay la misma imagen espejo en AU, pero aquí se trata de que NU responda por susu resultados
    - ¿a qué creen que se debe el mas que notable de porcentaje de votos en blanco entre el profesorado, es decir de votantes que se molestan en votar en lugar de simplemente pasar del asunto?
    - En una Facultad, sector B, los resultados son: AU(37), NU(0). Esto es absolutamente anormal. El sector B está formado por personal "dependiente" y por tanto influenciable. ¿Qué ha sucedido ahí?
    - Etc. etc.

    ResponderEliminar
  2. Indicamos o valor cuantitativo desa diferenza e obviamente moitas das preguntas que nos fai tamén centraron as conversas que houbo nesa asemblea. O importante para nós nestes intres e ir cara adiante e aprender destes comicios para os seguintes, intentando convencer alí onde houbo brancos e máis votos a AU que a nosa formación. O obxectivo é que o noso traballo sexa visible dende o primeiro momento e igual que melloramos no sector alumnado con respecto ao 2006 consigamos convencer no sector PDI A onde en maio apenas se avanzou con respecto a cita electoral anterior. Este é o reto nestes catro anos onde vixiaremos as promesas que fixo o actual Reitor durante a campaña.
    Concretando un pouco máis sobre as preguntas que nos fas podemos engadir que os votos do persoal B da Facultade de Química indican una votación á búlgara, moi propia de sistemas predemocráticos onde a libertade de voto non existe. É a apariencia de democracia de certos Estados, como Irán, Marruecos ou Venezuela, que se ven emulados por algún que outro suxeito de UVigo.
    En canto aos votos en branco a autocrítica xurde do feito de que a oposición de 2006-2009 foi pouco visible polo que faremos todo o que estea nas nosas mans para convencer no tramo actual.
    Por último, podemos afirmar que o noso candidato foi elixido claustral e non así Tano que so está no Claustro porque é reitor co cal non existe igualdade de percepción nas respectivas “casas” de cada un. De xeito, curiosamente os que apoiaron a AU na Facultade de CC. Xurídicas e do Traballo votaron a Jaime coma claustral. En Dereito-Ourense os resultados foron totalmente a favor de NU.

    ResponderEliminar