O 17 de xuño de 2014 reúnese a Comisión Eleitoral da Universidade de Vigo para tratar a petición de 375 ESTUDANTES DA UVIGO que solicitan a repetición do proceso eleitoral ou o desistimento do Reitor de proseguir co seu mandato.
Entenden estes estudantes que a baixa participación (por baixo do 10%), escasamente representativa, e o número de votos acadado polo único candidato (751 votos), menos da metade de todos os votos emitidos (291 nulos e 908 en branco), deben facer recapacitar á comunidade universitaria para abrir un debate na Comisión Eleitoral que remate cunha nova convocatoria de proceso eleitoral na Universidade de Vigo.
Por iso, emprazamos a toda a comunidade universitaria a asinar a seguinte petición, dirixida expresamente aos seguintes membros da Comisión Eleitoral:
Presidente:
Manuel Fernández Iglesias
Vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais
Gloria Pena Uris, Secretaria Xeral
Jorge Bravo Bernárdez, PDI A
Juan Carlos Mejuto Fernández, PDI A
Beatriz Vaquero Díaz, PDI A
Flora Alonso Vega, PDI B
Sabela Cebro Barreiro, PDI B
Pedro González Santamaría, PDI B
Paula Estévez Caride, estudante
Hadrián Fernández Alvarado, estudante
Federico Fernández Fernández, PAS
María José Martínez Martín, PAS
Zas Varela, Mónica, PAS
Os/as abaixo asinantes reclamamos da Comisión Eleitoral da Universidade de Vigo que teña en conta a petición dos 375 estudantes que solicitan un novo proceso eleitoral que permita a elección democrática do/a Reitor/a da Universidade de Vigo.