lunes, 3 de febrero de 2014

ASAMBLEA PLATAFORMA UVIGO PARA ELECCIÓNS A REITOR DE ABRIL

Dende Nova Universidade invitamos á asistencia dunha asamblea para valorar as opcións de presentar unha candidatura para as eleccións a reitor e claustro do vindeiro mes abril.
Estimados compañeros,

Adxuntamos a convocatoria pública:

Diversos membros da comunidade universitaria, de diferentes sensibilidades, vimos conversando nas últimas semanas sobre a necesidade de xerar cambios profundos na Universidade de Vigo. Esas conversas culminaron nun manifesto ou decálogo de mínimos como punto de partida para propor unha discusión aberta, democrática e plural con toda a comunidade universitaria.

Queremos PENSAR AS ELECCIÓNS para saber se existe masa crítica que conforme unha plataforma eleitoral progresista que modifique as mecánicas opacas e nulamente participativas que existen actualmente na Universidade de Vigo.

Para iso convocamos a toda a comunidade universitaria o MARTES 4 DE FEBREIRO DE 2014 ás 12 da mañán no SALÓN DE GRAOS (pavillón B) da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Máis abaixo figura o decálogo ou manifesto de mínimos para iniciar o proceso de reflexión público.

Un saúdo

Sección PDI Asemblea pola Defensa da Universidade de Vigo 

1 comentario: