miércoles, 16 de febrero de 2011

Plan de promoción e "normativa de recoñecemento"

O Consello de Goberno do luns 14 tivo dous puntos centrais:

O primeiro deles, referido ao plan de promoción. Apoiamos que se leve a cabo un Plan de Promoción para consolidar a bolsa de investigadores IPP, RC e axudantes. Porén, deixamos claro que non compartimos o xeito de levalo a cabo. Cuestionamos que o "Plan de Choque" mencionado no programa de goberno de AU non é tal, xa que a proposta é continuista con lixeiras modificacións, en todo caso máis restritivas que as do ano pasado, ao se pedir agora unha antiguidade de 3 anos, no canto da antiguidade dun ano requerida na edición anterior. Indicamos que o Plan crea unha enorme inseguridade nos investigadores, xa que as normas cambian de cotío, e depende tremendamente das vicisitudes cada ano. Por iso, fixemos unha proposta alternativa baseada en criterios e non en cupos. Esta proposta é a que consta no programa de goberno de NOVA. Mais o dito, tras as explicacións da vicerreitora de profesorado e do reitor verbo da súa planificación para o futuro e o compromiso do reitor de manter o plan actual durante 2 ou 3 anos, así como comezar a organizar un sistema de consolidación consensuado baseado en criterios de calidade, decidimos retirar a nosa proposta e aprobar por consenso a do Goberno.

O outro punto central da orde do día foi o referente á “normativa de recoñecemento” de actividades aos efectos de POD. Ou, como se denominou tradicionalmente, normativa de desgravacións. Dado o seu carácter marcadamente continuista, como ben recoñeceu a vicerreitora de profesorado, Nova Universidade non a votou favorablemente. O voceiro Jaime Cabeza avaliou positivamente que se lle denomine normativa de “recoñecemento” mellor que de “desgravacións” no que ten de simbólico. Alén deste avance, e dalgunha pequeña mellora técnica que cómpre recoñecer, é máis do mesmo. O que resulta particularmente preocupante cando o programa de AU nas eleccións comprometera que todos os posgraos e o programa de maiores computaría en POD. Ademáis Cabeza lle recriminou que segue na andaina de favorecer aos grupos grandes en detrimento dos pequenos e que máis de cen profesores/as da nosa Universidade non dan ningunha clase. Nova Universidade solicitou que se emendara a normativa para expresar que, agás o reitor e os vicerreitores/as, todo o PDI debería dar como mínimo 30 horas. Non é moito, pero si un pequeno avance, na liña de evitar unha excesiva acumulación de desgravacións. O equipo de goberno accedeu a incorporar esta emenda. Polo demáis, o reitor comprometeu a elaboración dunha política global de cómputo das actividades do PDI na que se terían en conta todas as súas obrigas. É, desde logo, unha proposta que se achega aos nosos eixos programáticos. Cabeza preguntoulle ao reitor se, neste escenario, podía garantir que os masters profesionalizantes computarían, cando menos, como a docencia no grao. Como Salustiano Mato non se comprometeu apelando a unha “interpretación distinta” do seu compromiso electoral, os membros de NU no Consello abstivéronse. Ou, por falar con máis precisión –como expresou un compoñente do Consello-, votou en branco, nunha postura crítica pero que lle da ao goberno unha marxe de confianza.

Solicitamos que para as axudas de bolsas de máster da universidade se pague a dotación total anual (7.092 euros) no canto de prorratear a dotación ao período 1 de xaneiro a 31 de xullo (uns 4000 euros), tal e como se está facendo. A convocatoria das bolsas indica que a súa duración é de dous anos (1 de xaneiro de 2011 a 31 de decembro de 2012) pero unha corrección reitoral asinada en setembro apunta que a bolsa non poderá gozarse despois da finalización do curso académico, é dicir, o 31 de xullo para os masters anuais. Dado que os masters empezaron o 13 de setembro non se debería considerar o inicio da bolsa en xaneiro e por iso solicitamos o pago íntegro anual. A vicerreitora de Investigación respondeu que están a ver como levar a cabo o pago íntegro.

10 comentarios:

  1. Aunque estoy totalmente de acuerdo con el cómputo en POD ou PDA- como lle queiran chamar- de los Master, no seria conveniente plantear, en primer lugar, la necesaria regulación de esos títulos convertidos en la actual universidad de vigo en territorios de señores feudales que hacen y deshacen a su libre albedrío sin redirle cuentas a casi nadie???

    ResponderEliminar
  2. Concordo totalmente co anónimo, claro que si. Era un dos nosos slogands de campaña: por unha banda, hai que deseñar un mapa de titulacións de posgrao, coordenar a oferta e ter en conta que os másters non son dos coordenadores, senón dos centros. Pola outra, darlle a todos os másters materialmente a categoría que teñen xurídicamente: títulos oficiais da Universidade de Vigo. O que hai é a política das silveiras de AU.
    Jaime Cabeza

    ResponderEliminar
  3. Me parece bien que todo el PDI imparta un mínimo de horas ... pero por qué necesariamente en el grado? Evidentemente la actividad docente en posgrado, que puede ser mucha, debería contemplarse en el POD y contabilizarse dentro de cualquier minimo. Grado y posgrado tienen la misma importancia.. o no?

    ResponderEliminar
  4. Estimado David:
    Que ben que nos leas!
    Levas moita razón no que expresas e nós o pedimos así. Quedou no grao porque as "desgravacións" computan a partir da carga docente no grao, non no posgrao. É dicir, para AU a docencia no posgrao non é parte do POD. Por iso as desgravacións son canto á docencia en grao.
    A única explicación é a lóxica perversa de POD que manexa AU.
    Saúdos.

    Jaime Cabeza

    ResponderEliminar
  5. Nuestra enmienda fue en el sentido de que todo el mundo tuviera carga en POD.
    El problema, por tanto, es qué es lo que cuenta en POD. Y a ese respecto nuestra postura es clara y conocida.
    Se nos está vendiendo como un logro que en el futuro Estatuto del PDI se haya introducido un límite en nuestra dedicación docente de 240 horas, pero si después se permite a las Universidades que interpreten cuáles de las actividades docentes que desarrollamos cuentan en esas 240 y cuáles no, como hace la nuestra, estaremos cometiendo, a mi entender, un fraude de ley.
    La situación es tan tragicómica que en la normativa actual de nuestra universidad se asignan "horas de reducción docente" en POD por "impartición de docencia" en posgrado (eso sí, sin correspondencia "1 hora reducida"="1 hora impartida", pero con la puerta abierta a que en algunos tipos de docencia oficial puedas comprar POD para aproximar esa correspondencia)
    En fin David, ¿qué más quieres que te diga?

    ResponderEliminar
  6. Si la regulación de POD que hace AU es tragicómica, es cómica (no llega a tragi porque no gobierna) la postura de NU. Aquí se habla de "política das silveiras", lógica perversa, tragicomedias e incluso de fraude de ley. Contra todo eso, empezando por el fraude, se vota NO, y no se adopta postura crítica con margen de confianza (¿que será eso?)votando blanco. ¿Por 3 créditos? NOVA tira muchos "foguetes" pero luego hay poco baile.
    Veremos si con actuaciones de este estilo consigue mover a los votantes blancos que necesita. A algunos no.


    Aclaración por favor: ¿la enmienda de NOVA partía de 3 créditos y se aceptó o partía de un número mayor y se rebajó en la negociación?

    ResponderEliminar
  7. Cando leo moitas entradas anónimas teño a sensación de estar arrodeado de titáns loitando contra un goberno inxusto. Pero ás veces sinto a soidade do que se opón sen ninguén máis ao seu carón. Claro que houbo unha abstención no tema das "desgravacións" pola nosa parte, baixo a promesa do reitor dun plan global de recoñecemento de todas as actividades docentes, que é xusto o que NU tiña no seu programa electoral. Estamos a comezo de mandato e hai que respostar proporcionadamente. Non nos abstivemos polas famosas 30 horas. Por certo, se alguén bota contas se decata de que situar o límite máis por riba é inútil, polas folguras que hai en moitos grupos da Universidade. Pero é, cando menos, unha reforma que establece certo solo ético, ata o de agora inexistente.
    Por certo, debe haber moita xente representando os intereses destes brancosos -aos que respeto moitísimo, como Saramago- mellor ca min, pero eu non os escoito por ningures. Ou seica eles dan por boa a política histórica de AU. Tamén pode ser.
    Pola miña parte, a estas alturas de mandato non estou en campaña electoral. Unicamente fago un servizo público á Universidade tentanto defender un programa co que me presentei coherentemente. Máis que moitos diletantes que se agachan na responsabilidade allea.

    ResponderEliminar
  8. En la normativa aprobada pone

    "Como regra xeral, a docencia con repercusión en POD non poderá ser inferior a 30 horas anuais"

    escrito así, significa que puede haber excepciones que la normativa no contempla. ¿cuáles? ¿cómo se solicitan? ¿quién las decide? ¿cómo nos enteramos en los CDs que el POD que llega para cubrir es correcto en este aspecto?

    Ya hay por los pasillos personas con multiples desgravaciones diciendo que eso de las 30 horas no les afecta y que desgravarán hasta 0. Como siempre.

    ResponderEliminar
  9. Diletante escondido8 de abril de 2011, 20:06

    Hay otras posibilidades. Puede suceder que ya no se conceda ninguna posibilidad de cambio a AU y que se dé caña (anónima si el blog lo permite sin que lo hayamos pedido) para ver hasta donde llega y aguanta NU, antes de darla también por perdida. Negar totalmente a AU no signfica cheque en blanco a NU. No estais en campaña (afortunadamente) pero los votos se ganan día a día y no seis meses antes de una elección. Los que quereis gobernar sois vosotros y por tanto teneis la responsabilidad de ser oposición y de convencer a los votantes, sin pedir que salgamos a la superficie para acompañaros en vuestra responsabilidad voluntariamente asumida. ¿Qué algunos somos díficiles de convencer? Es la vida, variada

    ResponderEliminar
  10. Respecto a la polémica de las 30 horas, convendría recordar que hace tiempo la normativa de POD contenía limitaciones respecto al total de desgravaciones permitidas para cada profesor. Hasta el rector tenía que comunicar a la junta de gobierno la exención total de docencia si lo deseaba. No recuerdo los números pero sí que esto sucedía por ejemplo en los tiempos de rector Rodriguez, en función de una normativa que ya existía antes de que se convirtiese en rector y que poco a poco se fue degradando hasta llegar a la situación actual. Por tanto no es novedad la limitación ni habría problema en que fuese mayor, aunque haya holguras en muchas áreas.

    En cualquier caso ahora hay la normativa recientemente aprobada y el día 15 se aprobará la PDA y llegará la confección de los POD. Convendría que al menos hubiese control de la aplicación de esa normativa por la cuestión ambigua de las 30 horas mencionada en otro comentario y en general por el hecho de que la contabilidad de las desgravaciones, la corrección de posibles errores y la confección de la carga docente se hace de forma individual en la secretaría virtual. En años anteriores podía verse todo el detalle de los datos de los PDI de cada área y departamento, con lo que el control venía dado por la propia publicidad de unos datos que deben ser de acceso libre, al menos en el ámbito que nos rodea a cada uno.

    En relación a la existencia de holguras en muchas áreas quisiera volver a plantear, ahora que se está a punto de aprobar PDA y POD, una cuestión ya tratada en estos blogs, por si se considerase posible. Dejando de lado la discusión sobre la bondad de la normativa de desgravaciones, se supone que el número de horas máximo que se desgrava por cada actividad tiene un peso relacionado con 240 horas que es la carga inicial máxima. Sin embargo, si la PDA en horas de un área está por debajo de Nx240 donde N es el número de miembros en POD (suponiendo para simplificar que son todos a tiempo completo) ¿es lógico que se desgrave el total máximo de horas por cada actividad cuando esa desgravación tabulada está diseñada sobre 240? ¿Es lógico que un PDI con 3 sexenios, o con desgravación por cargo, en un área con PDA de un 60% de Nx240 desgrave 30 horas, lo mismo que otro de otra área en la que la PDA = Nx240? Introduciendo factores proporcionales de corrección p. ej. como Horas totales de PDA/ Horas de carga docente inicial total se produciría un POD mas justo entre un PDI de área con mucha carga docente y otro de área relajada y entre PDI de la misma área. Además, dentro de cada área sería mucho mas difícil llegar a la funesta desgravación cero. Es evidente que aplicar estos coeficientes de la misma forma, p.ej., a sexenios o cargo y docencia en master es injusto, pero mas injusto es no aplicar nada

    ResponderEliminar