Os medios locais recollen nos seus titulares de hoxe a importancia da flexibilización do pago das matrículas en seis prazos como medida máis importante do Consello de onte, proposta aprobada por unanimidade.
Nesta ocasión os temas tratados ían ser abordados de xeito moi tranquilo xa que non había cuestións de transfondo político senón simples asuntos de trámite que previamente tiñan sido acordados con NU nas respectivas comisións de investigación e profesorado.
Respecto ao informe do reitor temos a obriga de facer notar a incerteza que transmite o goberno de AU no referente á aplicación da modificación da Lei de Universidades e sobre as medidas de austeridade propostas para as que se solicitou que se pospoñan para curso académico seguinte.
No punto referido á aprobación dos criterios de liquidación do orzamento de 2011 o xerente transmitiu sensación de liquidez e contas consolidadas dentro dos recortes orzamentarios acaecidos nos últimos anos. Neste sentido, Jaime Cabeza, sen ánimo de polemizar, pediu que se racionalizasen e se pensase nos entes instrumentais da Universidade como son CUSA, Citexvi e a fundación FUVI, e puxo no tinteiro a pregunta de ata que punto é necesario máis dun?
Por outra banda modifícase o regulamento de creación de empresas de base tecnolóxica, coa particularidade de ampliar o ámbito ás spin-off que leva a apertura de calquera tipo de empresa podendo ser promocionado por calquera investigador da Universidade de Vigo. Apróbase tamén o regulamento de patentes e ordénase o dislate existente nos grupos de investigación actualmente existente na Universidade de Vigo. Alejandro Pereira pregunta polo procedemento de inclusión de investigadores doutras entidades ao que a vicerreitora responde que dita figura plásmase coa inclusión de investigadores colaboradores. Jaime agradece dita ordenación e felicita ao equipo reitoral polo devandito traballo.
miércoles, 20 de junio de 2012
lunes, 11 de junio de 2012
CARTA Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA DE JAIME CABEZA
METADE DE MANDATO
Nas datas nas que o mandato de Salustiano Mato atravesa seu Ecuador, non
vou nesta mensaxe avaliar estes dous anos, por moito que sen dúbida miña
impresión é ben coñecida, centrada no deterioro que segue a sofrer a
Universidade de Vigo, basicamente nos seus aspectos máis académicos. O obxecto
é outro, de caste máis persoal, no que simplemente quero expresar que non me
vou postular como candidato a reitor para as eleccións do 2014.
Ao que debo engadir que os motivos que me levan a adoptar esta decisión son
exclusivamente personais. Dame moito pudor expresar en público aspectos que
atinxen á miña vida privada e voume aforrar
expoñelos públicamente. Teño que recoñecer que nestes meses a política
universitaria non é unha das miñas primeiras preocupacións e iso debe ser
incompatible cunha pretensión de ser candidato en pouco tempo. E engadir que
nos vindeiros anos vou centrar meus esforzos noutros aspectos cualitativamente
diferentes dos que atenderon miña atención, penso que con forte implicación e
paixón, desde o 2009 ate hoxe.
Dito isto, non cabe dúbida de que manteño meu compromiso de liderar Nova
Universidade e a oposición ao goberno da Universidade de Vigo ata que o meu
grupo tome as decisións que correspondan, sen presas nen improvisacións. A nosa querida institución merécese algo
moito mellor que este grupo que hoxe, por desgraza, nos goberna, sen dúbida en
gran parte pola miña incapacidade para transmitir un programa alternativo.
Ábrese un tempo de diálogo coa comunidade universitaria, de reflexión conxunta
para proxectar o futuro e un cambio que satisfaga a súa maioría e, máis en
xeral, á sociedade á que nos debemos.
Eu non teño senón palabras de agradecemento para todas as persoas que
traballaron e traballan arreo conmigo no proxecto de Nova Universidade. No que
eu, desde logo, acredito. Penso que atopei moitos compañeiros e compañeiras e
hoxe teño amigos e amigas a cachón, logo desta experiencia persoalmente tan
arriquecedora. Xente comprometida desinteresadamente –insisto, desinteresasamente,
porque isto é un sinal diferenciador noso- cun modelo de Universidade máis
académico e máis centrado no seu labor fundamental no Espazo Europeo de
Educación Superior.
Por suposto, xa que logo, o que anuncio é que non me vou postular como
candidato a reitor, pero nada máis. O grupo ben coñece –xa lle o transmitín
expresamente- que manteño a miña adhesión a el. Nos vindeiros meses, e agás que
outra cousa se decida, vou ser eu o seu voceiro nas instancias formais e
informais da Universidade. Eu estou certo de que, nun futuro a medio prazo,
Nova Universidade vai establecer sinerxias e tender pontes para que as
posicións críticas cuallen na presentación dun modelo de cambio e exitoso para
a Universidade de Vigo.
Jaime Cabeza Pereiro
sábado, 28 de abril de 2012
Consello 23 de abril. CALENDARIO.
O consello, sen gran interese académico, tivo como estrela temática o calendario escolar, que se verá modificado notablemente e cuxa proposta foi rexeitada por NU ao supoñer diferentes trastornos, tanto na planificación como na harmonización en graos e posgraos.
Aínda que o vicerreitor de Calidade defendeu a idea de recortar os cuadrimestres e eliminar os períodos de exames justificando a decisión, no parón e descanso que supón para o alumno o período do Nadal ou a converxencia con outras universidades europeas.
Neste punto, Armando Caballero de NU esgrimiu algúns os inconvenientes da proposta de calendario coma:
(1) A redución do número de semanas lectivas en cada cuadrimestre produce un problema á hora de pór datas de exames. Se se opta por deixar unha semana ou dúas de exames, non haberá tempo material para impartir toda a docencia. Pola contra, se os exames fanse en momentos distintos do curso dependendo da materia favorecerá o absentismo. Sábese que cando hai exames entre clases, moitos alumnos faltan, o cal é nefasto para a docencia.
(2) Acabando o 7 de maio prexudícase aos alumnos que levan o curso ben e favorécese aos que o levan mal e teñen que presentarse en xullo.
(3) Se as outras universidades empezan máis tarde do 3 de setembro (moi probable), os másteres interuniversitarios ven prexudicados porque ao ter que acabar o 21 de decembro non haberá tempo material para impartir toda a docencia.
(4) Empezando axiña é máis probable que o uso do programa TEMA sexa máis difícil.
(5) Para o curso de primeiro xorde a coordinación cos exames de selectividade, xa que implica que se incorporen alumnos a metade de outubro.
(6) O mes de vacacións dos profesores é agosto. Empezar o 3 de setembro (luns) implica posiblemente a obrigación de renunciar a algún día porque hai que preparar material, sobre todo práctico.
(7) Se os prazos de matrícula seguen sendo tan tardíos como sempre, adiantar o comezo das clases agrava aínda máis o problema, pois os alumnos que se matriculan tarde perderán aínda máis horas de docencia.
Enrique Barreiro, tamén achegou algunhas ideas con respecto ao calendario e, asumindo as súas vantaxes, comenta que se deberían acordar os calendarios e dar unha certa flexibilidade para dar cabida á numerosa casuística de todos os centros. Pregunta ademáis que sucede coa avaliación continúa, e como se define xa que pode variar dunhas titulacións a outras, en referencia ao número de exames, metodoloxías de avaliación válidas, etc.
No punto no que se abordaba o programa Docentia NU votou en contra, en principio por non ter información, pois non se recibiu unha documentación previa senón que se informou directamente no consello.
No apartado de rogos e preguntas Jaime Cabeza pediu que se axilicen as xestións oportunas para desenvolver o regulamento de profesorado e pregunta cando se van atender as recomendacións do Tribunal de Garantías para que se eximan do voto nas comisións de profesorado os propios interesados.
martes, 13 de marzo de 2012
Rolda de prensa en Vigo
Cobertura medios.
ATLÁNTICO DIARIO
FARO DE VIGO
http://duvi.uvigo.es/images/quiosco/ng130312.pdf
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=5778&Itemid=39
ATLÁNTICO DIARIO
FARO DE VIGO
http://duvi.uvigo.es/images/quiosco/ng130312.pdf
http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=5778&Itemid=39
sábado, 10 de marzo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




