lunes, 11 de junio de 2012

CARTA Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA DE JAIME CABEZA


METADE DE MANDATO
Nas datas nas que o mandato de Salustiano Mato atravesa seu Ecuador, non vou nesta mensaxe avaliar estes dous anos, por moito que sen dúbida miña impresión é ben coñecida, centrada no deterioro que segue a sofrer a Universidade de Vigo, basicamente nos seus aspectos máis académicos. O obxecto é outro, de caste máis persoal, no que simplemente quero expresar que non me vou postular como candidato a reitor para as eleccións do 2014.
Ao que debo engadir que os motivos que me levan a adoptar esta decisión son exclusivamente personais. Dame moito pudor expresar en público aspectos que atinxen á miña vida privada e voume aforrar  expoñelos públicamente. Teño que recoñecer que nestes meses a política universitaria non é unha das miñas primeiras preocupacións e iso debe ser incompatible cunha pretensión de ser candidato en pouco tempo. E engadir que nos vindeiros anos vou centrar meus esforzos noutros aspectos cualitativamente diferentes dos que atenderon miña atención, penso que con forte implicación e paixón, desde o 2009 ate hoxe.
Dito isto, non cabe dúbida de que manteño meu compromiso de liderar Nova Universidade e a oposición ao goberno da Universidade de Vigo ata que o meu grupo tome as decisións que correspondan, sen presas nen improvisacións.  A nosa querida institución merécese algo moito mellor que este grupo que hoxe, por desgraza, nos goberna, sen dúbida en gran parte pola miña incapacidade para transmitir un programa alternativo. Ábrese un tempo de diálogo coa comunidade universitaria, de reflexión conxunta para proxectar o futuro e un cambio que satisfaga a súa maioría e, máis en xeral, á sociedade á que nos debemos.
Eu non teño senón palabras de agradecemento para todas as persoas que traballaron e traballan arreo conmigo no proxecto de Nova Universidade. No que eu, desde logo, acredito. Penso que atopei moitos compañeiros e compañeiras e hoxe teño amigos e amigas a cachón, logo desta experiencia persoalmente tan arriquecedora. Xente comprometida desinteresadamente –insisto, desinteresasamente, porque isto é un sinal diferenciador noso- cun modelo de Universidade máis académico e máis centrado no seu labor fundamental no Espazo Europeo de Educación Superior.
Por suposto, xa que logo, o que anuncio é que non me vou postular como candidato a reitor, pero nada máis. O grupo ben coñece –xa lle o transmitín expresamente- que manteño a miña adhesión a el. Nos vindeiros meses, e agás que outra cousa se decida, vou ser eu o seu voceiro nas instancias formais e informais da Universidade. Eu estou certo de que, nun futuro a medio prazo, Nova Universidade vai establecer sinerxias e tender pontes para que as posicións críticas cuallen na presentación dun modelo de cambio e exitoso para a Universidade de Vigo.
Jaime Cabeza Pereiro

5 comentarios:

  1. É unha magoa, pero supoño que teras as tuas razóns e a decisiñón moi meditada. Porque a verdade,esta vez o tiñas ganada, despóis de ver como se está lucindo o noso "magnífico".
    Quen o diría, pero eu xa ata boto de menos a Docampo.

    ResponderEliminar
  2. Jaime: foi un pracer traballar contigo nun proxecto común que, por enriba de todo, nos fixo amigos. Apertas e continuamos, nesta ou noutra loita. Xosé Rúas.

    ResponderEliminar
  3. Vaya un pequeño grano de arena para la mejora de la institución. Ojalá que en la búsqueda de ese cambio se comprenda por fin que una Universidad de calidad no puede ser ajena a la necesaria adopción de un compromiso social y académico.

    Con respecto al ámbito científico, no puede ser que la Universidad de Vigo bien entrado el siglo XXI siga sin mantener una línea de actuación clara y válida para todas sus Facultades y Departamentos frente a comportamientos académicos no éticos e injustificables en el seno de la institución. Estamos hablando de no permitir, claramente y de forma absolutamente comprometida, la práctica de actividades como plagio a favor de cierto profesorado y personal investigador de la institución, de explotación y hasta grave perjuicio hacia estudiantes a favor de cierto profesorado y personal investigador de la institución, y de manipulación de las oportunidades laborales a favor de cierto profesorado y personal investigador de la institución. Todo ello con gravísimo perjuicio de gente honrada y trabajadora, con potencial de futuro, que difícilmente podrán desarrollar su carrera en una institución que permite, en al menos algunos de sus ámbitos, estándares académicos tan bajos.

    Para terminar, adjunto enlace del país en donde se hace referencia a la falta de meritocracia y una rendición de cuentas estricta desde una perspectiva genérica en Galicia.

    “Talento, meritocracia y emprendedores”

    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/21/galicia/1337619802_005869.html

    Ojalá que algún día cercano este grave problema sea abordado con toda la seriedad que se merece. Mientras no sea así, me temo que se seguirá construyendo la casa por el tejado con todos los graves perjuicios que ello conlleva para el conjunto de la sociedad.

    ResponderEliminar
  4. Non pode ser que a Universidade de Vigo sega a día de hoxe sen manter unha línea de actuación clara no tocante a comportamentos académicos non éticos dentro da institución. Estamos falando de non permitir a práctica de actividades como o plaxio, a explotación de estudantes e bolseiros e a manipulación de oportunidades laboráis a favor de certo profesorado e persoal investigador que abusa de poder e non xoga limpo. Unha Universidade de calidade e eficaz ten que pasar necesariamente por un compromiso ca responsabilidade social.

    ResponderEliminar
  5. Van cuatro meses (tres si se descuenta agosto) desde esta despedida de Cabeza (al que hay que agradecerle el trabajo) y NOVA está desaparecida- no sólo en este blog-, con la que está cayendo: cargas docentes horarias, jubilaciones, congelación de plazas, etc etc

    La calma y la reflexión son buenas, hasta cierto punto. ¿Sería Cabeza la idem, el cuerpo, los brazos y las piernas de NOVA?

    ResponderEliminar