Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
sábado, 10 de marzo de 2012
jueves, 18 de marzo de 2010
O Campus do Medio Ambiente para Ourense
Nova Universidade apoiou, dende o seu xérmolo, o proxecto de Cidade do Mar para Vigo, unha captación de sinerxias fundamentais para o futuro do campus olívico. Mais tamén queremos propor a procura da Excelencia para o campus de Ourense coa proposta que, sen dúbida, levaremos no noso programa eleitoral e que, dende hoxe mesmo, queremos facer pública: o campus do Medio Ambiente e a Cidade da Natureza para Ourense. Estamos ante unha aposta polo Medio Ambiente da cidade das Burgas, (Centro de Interpretación Ambiental, Xardín Botánico de Montealegre, termalismo...) e a súa provincia, onde se concentran o maior número de parques e espazos naturais de Galicia, pero tamén ante unha aposta que pode e debe trascender as nosas fronteiras, contando para iso coa colaboración, tanto da Xunta de Galicia, coma do Goberno central, que por suposto que loitaremos por conquerir. Asemade, pode e debe ser un proxecto fornecido alén das nosas fronteiras, tendo en conta a proximidade do norte de Portugal, na fronteira natural do parque Geres-Xures, coa posibilidade de acadar apoios en varias das institucións e universidades do país veciño, ou mesmo coas universidades de León e Oviedo, conformando, entre todos, un eixo estratéxico fundamental para o futuro do campus de Ourense, da nosa Universidade e de toda Galicia. Polo de hoxe, o que podo dicir e que o Medio Ambiente acadará o rango de Vicerreitoría no equipo de Goberno que presentarei o vindeiro martes en Ourense e, a partires de entón, os noso compromiso con este proxecto chegará ata onde queira a comunidade universitaria e a sociedade ourensá.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
