lunes, 11 de junio de 2012

CARTA Á COMUNIDADE UNIVERSITARIA DE JAIME CABEZA


METADE DE MANDATO
Nas datas nas que o mandato de Salustiano Mato atravesa seu Ecuador, non vou nesta mensaxe avaliar estes dous anos, por moito que sen dúbida miña impresión é ben coñecida, centrada no deterioro que segue a sofrer a Universidade de Vigo, basicamente nos seus aspectos máis académicos. O obxecto é outro, de caste máis persoal, no que simplemente quero expresar que non me vou postular como candidato a reitor para as eleccións do 2014.
Ao que debo engadir que os motivos que me levan a adoptar esta decisión son exclusivamente personais. Dame moito pudor expresar en público aspectos que atinxen á miña vida privada e voume aforrar  expoñelos públicamente. Teño que recoñecer que nestes meses a política universitaria non é unha das miñas primeiras preocupacións e iso debe ser incompatible cunha pretensión de ser candidato en pouco tempo. E engadir que nos vindeiros anos vou centrar meus esforzos noutros aspectos cualitativamente diferentes dos que atenderon miña atención, penso que con forte implicación e paixón, desde o 2009 ate hoxe.
Dito isto, non cabe dúbida de que manteño meu compromiso de liderar Nova Universidade e a oposición ao goberno da Universidade de Vigo ata que o meu grupo tome as decisións que correspondan, sen presas nen improvisacións.  A nosa querida institución merécese algo moito mellor que este grupo que hoxe, por desgraza, nos goberna, sen dúbida en gran parte pola miña incapacidade para transmitir un programa alternativo. Ábrese un tempo de diálogo coa comunidade universitaria, de reflexión conxunta para proxectar o futuro e un cambio que satisfaga a súa maioría e, máis en xeral, á sociedade á que nos debemos.
Eu non teño senón palabras de agradecemento para todas as persoas que traballaron e traballan arreo conmigo no proxecto de Nova Universidade. No que eu, desde logo, acredito. Penso que atopei moitos compañeiros e compañeiras e hoxe teño amigos e amigas a cachón, logo desta experiencia persoalmente tan arriquecedora. Xente comprometida desinteresadamente –insisto, desinteresasamente, porque isto é un sinal diferenciador noso- cun modelo de Universidade máis académico e máis centrado no seu labor fundamental no Espazo Europeo de Educación Superior.
Por suposto, xa que logo, o que anuncio é que non me vou postular como candidato a reitor, pero nada máis. O grupo ben coñece –xa lle o transmitín expresamente- que manteño a miña adhesión a el. Nos vindeiros meses, e agás que outra cousa se decida, vou ser eu o seu voceiro nas instancias formais e informais da Universidade. Eu estou certo de que, nun futuro a medio prazo, Nova Universidade vai establecer sinerxias e tender pontes para que as posicións críticas cuallen na presentación dun modelo de cambio e exitoso para a Universidade de Vigo.
Jaime Cabeza Pereiro

sábado, 28 de abril de 2012

Consello 23 de abril. CALENDARIO.


O consello, sen gran interese académico, tivo como estrela temática  o calendario escolar, que se verá modificado notablemente e cuxa proposta foi rexeitada por NU ao supoñer diferentes trastornos, tanto na planificación como na harmonización en graos e posgraos.
Aínda que o vicerreitor de Calidade defendeu a  idea de recortar os cuadrimestres e eliminar os períodos de exames justificando a decisión,  no parón e descanso que supón para o alumno o período do Nadal ou a converxencia con outras universidades europeas.
Neste punto, Armando Caballero de NU esgrimiu algúns os inconvenientes da proposta de calendario coma:
(1) A redución do número de semanas lectivas en cada cuadrimestre produce un problema á hora de pór datas de exames. Se se opta por deixar unha semana ou dúas de exames, non haberá tempo material para impartir toda a docencia. Pola contra, se os exames fanse en momentos distintos do curso dependendo da materia favorecerá o absentismo. Sábese que cando hai exames entre clases, moitos alumnos faltan, o cal é nefasto para a docencia.
(2) Acabando o 7 de maio prexudícase aos alumnos que levan o curso ben e favorécese aos que o levan mal e teñen que presentarse en xullo.
(3) Se as outras universidades empezan máis tarde do 3 de setembro (moi probable), os másteres interuniversitarios ven prexudicados porque ao ter que acabar o 21 de decembro non haberá tempo material para impartir toda a docencia.
(4) Empezando axiña é máis probable que o uso do programa TEMA sexa máis difícil.
(5) Para o curso de primeiro xorde a coordinación cos exames de selectividade, xa que implica que se incorporen alumnos a metade de outubro.
(6) O mes de vacacións dos profesores é agosto. Empezar o 3 de setembro (luns) implica posiblemente a obrigación de renunciar a algún día porque hai que preparar material, sobre todo práctico.
(7) Se os prazos de matrícula seguen sendo tan tardíos como sempre, adiantar o comezo das clases agrava aínda máis o problema, pois os alumnos que se matriculan tarde perderán aínda máis horas de docencia.
Enrique Barreiro,  tamén achegou algunhas ideas con respecto ao calendario e, asumindo as súas vantaxes,  comenta que se deberían acordar os calendarios e dar unha certa flexibilidade para dar cabida á numerosa casuística de todos os centros.  Pregunta ademáis que sucede coa avaliación continúa, e como se define xa que pode variar dunhas titulacións a outras,  en referencia ao número de exames,  metodoloxías de avaliación válidas, etc.
No punto no que se abordaba o programa  Docentia NU  votou en contra, en principio  por non ter información, pois non se recibiu unha documentación previa senón que se informou directamente  no consello.
No apartado de rogos e preguntas Jaime Cabeza pediu que se axilicen as xestións oportunas para desenvolver o regulamento de profesorado e pregunta cando se van atender as recomendacións do Tribunal de Garantías para que se eximan do voto nas comisións  de profesorado os propios interesados.  

sábado, 11 de febrero de 2012

Consello 08/02/2012

A voz de Nova Universidade lembra os incumprimentos de Alternativa Universitaria.   


O programa especial de promoción do PDI da Universidade de Vigo, curso 2011/12  de apoio a consolidación dos investigadores e investigadoras procedentes dos programas de contratos de investigación Ramón y Cajal e Parga Pondal foi votado a favor no último consello de Goberno en consonancia coa visión de Nova que fora reflectida no programa electoral do 2010.  Jaime Cabeza  recordoulle ao reitor o compromiso que adquiriu con todos eles, sen excepcións, e que xa incumpriu en relación cun grupo de persoas que esgotaron os seus contratos sen opción a se estabilizar na Universidade de Vigo. Porén, o coordinador de NU volveu criticar o feito de que a única canle de saída de prazas para o ano 2012 sexa este plan, en perxuízo, como sempre, dos ámbitos con déficits de cadro de persoal. Déficits dos que outra vez o equipo de Goberno manifestou seu desinterese. É por iso que, logo de amosar o seu apoio ao plan de promoción nos seus eixos estratéxicos, o grupo se abstivo, polo que considera un afondamento nos desequilibrios na Universidade.
 
Verbo da Normativa de recoñecementos docentes para o curso académico 2012/13 o grupo NU votou en contra, en seguimento dos criterios que ven sostendo desde hai moitos anos. Jaime Cabeza calificou de decepcionante a normativa proposta, ademáis  de continuista en todos os erros que teñen conducido a unha situación tan calamitosa no PDI da Universidade de Vigo. A normativa implica un incumprimento de todas as promesas que fixera o reitor no seu programa. Ademáis, aínda non comezou, logo de case dous anos, o proceso de aprobación do Regulamento de Profesorado, que debe ser a base para que toda esta materia se clarifique. NU defende o cómputo íntegro das obrigas -docentes, investigadoras e de xestión- do PDI da Universidade de Vigo. Pensa que a docencia non se valora para nada, e menos a do posgrao. E valora moi negativamente un documento que pon ás claras que o equipo de goberno non ten programa nin rumbo en materia de PDI. O peor é que a normativa onte aprobada amosa unha tendencia a non arranxar nada no fututo. O reitor retrucoulle ao coordenador de NU con disculpas e promesas de futuro, como case sempre.

Respecto á Normativa sobre estudos de doutoramento, Armando Caballero, responsable de Investigación de NU, suxeriu que se considerasen 3 membros nos tribunais de teses en lugar de 5,  e que a posibilidade de realizar o acto de presentación por videoconferencia fose só excepcional, pola problemática que pode implicar.  Ambas propostas foron ben acollidas e deixáronse pendentes para unha próxima convocatoria.

En rogos e preguntas, NU preguntou polas  reclamacións de produción científica do ano 2008-09, e tamén polos orzamentos asignados ás partidas de Transferencia que se aprobaron nun consello do  ano pasado.  Respondeuse que se está traballando niso e que xa se están tramitando ditas axudas.  Ao fío do suposto regulamento e posterior normativa universitaria sobre  PDI, NU solicita que se poña en valor os méritos de xestión de igual forma que os méritos de investigación.