Leídas polo noso grupo as reflexións do Sr. xerente da Universidade de Vigo para xustificar a decisión de non pagamento de todos os conceptos do complemento específico nas pagas extraordinarias, Nova Universidade quere formular as seguintes
valoracións:
1ª.- Desde antes do Nadal se pediu por sinaturas dos e das claustrais a inclusión dun punto da orde do día relativo precisamente a esta materia. Unha interpretación sesgada do art. 13 do Regulamento do Claustro que reflicte un pensamento nada democrático do Equipo de Goberno serviu de coartada para non debater este tema no Claustro de decembro. Nova Universidade esixe que se convoque axiña o Claustro incluíndo, como cómpre, este punto solicitado por sinaturas.
2ª.- Nova Universidade esíxelle ao Sr. reitor da Universidade de Vigo e ao seu grupo, Alternativa Universitaria, o cumprimento do seu programa electoral. Por suposto, tamén dos compromisos que adquiriron en canto ao importe das pagas extraordinarias. E con independencia, evidentemente, do que declaren os xuíces, verbo da eventual obriga de pagar diferenzas nos anos 2007 a 2009. Tema este absolutamente distinto e do que, certamente, non cabe outra alternativa que estar ás decisións xudiciais.
3ª.- O noso grupo rexeita que sexa o Sr. xerente o que renda contas nesta materia, reflectindo así a pouca valentía do Sr. reitor ao se desdicir de compromisos que adquiriu diante da comunidade universitaria. Cómpre esixirlle ao Sr. Mato que amose a mesma valentía política que el demanda de outros responsables públicos e que se explique persoalmente canto antes. E engadirlle ao Sr. xerente que clarexe por que lle chama "independente" ao informe encargado polo seu grupo de goberno.
4ª.- Nova Universidade lamenta que se responsabilice únicamente na persoa do Sr. xerente a decisión do non pagamento íntegro das gratificacións extraordinarias, tendo en conta que o Sr. xerente é un cargo de libre designación. Se actúa en contra da vontade do goberno nun tema tan concreto e coñecido, a saída digna que cabe é impor a postura do goberno ou, no seu caso, retitarlle a confianza ao Sr. xerente.
5ª.- Nova Universidade asumiu no seu programa o mesmo compromiso de pagamento íntegro da parte correspondente ao complemento específico nas pagas extraordinarias. E mantén que se pode facer, unicamente hai que ter vontade política. É máis, asumiu este compromiso logo de coñecer informes do Ministerio de Educación e do Ministerio de Economía que expresamente autorizan ás Universidades para que procedan ao seu pagamento. Informes que, desde logo, estamos en condicións de exhibir públicamente.
6ª.- Nova Universidade pregúntase se o Sr. reitor de verdade cree que a maioría dos reitores e reitoras do Reino de España actuaron de xeito contrario á lei ao decidiren pagar nas súas Universidades o controvertido complemento na súa contía total. Nós máis ben acreditamos que o que decidiron facer é pagar o que consideraron que en xustiza lle corresponde ao persoal das súas Universidades, obviamente tras se asesoraren adecuadamente, e decidir os seus xerentes a fórmula axeitada para facelo. É máis, o que fixo algún deses reitores foi, simplemente, cumprir o seu programa electoral.
Vigo, a 7 de febreiro de 2011
Nova Universidade
martes, 8 de febrero de 2011
martes, 18 de enero de 2011
NU di “non” ao continuismo en política docente de AU en Consello
Consello de Goberno 18/01/2011
Nova Universidade dixo “non” ao continuísmo na política docente de Alternativa por favorecer a desigualdade entre titulacións e que o equipo de Goberno non cambiou, tal e como a propia vicerreitora recoñeceu. O pasado ano prometérase que habería unha profunda modificación para afrontar o cómputo de docencia baseado en TMG (tamaño medio de grupo). NU manifesta a súa total oposición ao sistema actual no que se producen enormes desequilibrios entre os estudos con gran número de alumnos e os que pola contra están con exceso de docentes en relación coa matrícula. A inxustiza deste cómputo levounos a reclamar novamente un reprantexamento ao equipo de Goberno e a votar negativamente tras a abstención do ano pasado, no que confiamos nunha promesa, agora se comprobou, incumprida. Mantendo como unidade o grupo, sen ter en conta que pouco ten que ver un grupo de 90 alumnos cun de 10 para a carga docente.
A proposta de NU, por tanto, é que sexa o ALUMNO a unidade de referencia, dado que debe ser este o eixo que estrutura a Universidade e que parece esquecerse.
O outro tema a destacar do Consello desta mañá son as normas para a concesión de ano sabático, no que NU se abstivo debido fundamentalmente a que consideramos que non pode cada ano decidir a comisión as pautas para dar ou denegar esta posibilidade a un profesor senón que debe elaborarse un regulamento. De feito, os criterios anuais son tan amplos que lle deixan á comisión absoluta discrecionalidade. NU considera que o feito de que cada ano dependa dunha comisión sen unhas pautas ben definidas produce unha inseguridade xurídica que non apoiará. Segundo o propio reitor, el pensa involúcrarse persoalmente para que esta demanda de NU se atenda e se establezan criterios permanentes.
Consello extraordinario
Da reunión extraordinaria que tiña como único punto a modificación do regulamento do Consello de Goberno só queremos salientar que se presentou como propia (Ana Graña) unha iniciativa de Nova Universidade. Na reunión precedente Jaime Cabeza indicou que sería máis acaído que os criterios de maior antiguidade, seguido do de idade -para dirimir o último posto da comisión, en caso de empate- utilizar a lóxica da paridade e só os anteriores como supletorios en caso de igualdade. Ana Graña aportaba e “vendía” a iniciativa como do seu grupo, e por iso simplemente cómpre lembrar neste blog que foi NU e non AU quen considerou a igualdade de sexos como argumento, sen máis.
miércoles, 22 de diciembre de 2010
CONSELLO GOBERNO, 21.12.2010
No apartado de investigación e transferencia, mostramos a nosa crítica a que a partida do Capítulo II (gastos correntes, que inclúen material de oficina, atencións protocolarias, viaxes e dietas, estudos varios, etc.) incrementouse en 50.000 euros (o 11%) no capítulo actual, nun contexto xeral de redución orzamentaria, e motivado polo desdobramento da anterior vicerrectoría de investigación e transferencia en tres vicerrectorías actualmente. Este incremento contrasta coa drástica redución en case todas as partidas de axudas aos grupos de investigación, tales como as bolsas de viaxe nun 40%, as bolsas de estadías (25%), as bolsas de posgrao (8%), as axudas a equipos de investigación (30%), as axudas a reunións científicas (64%), as axudas de transferencia (31%) ou as axudas aos departamentos (13%).
REFLEXIÓNS SOBRE OS ORZAMENTOS DE JAIME CABEZA DURANTE O CONSELLO:
REFLEXIÓNS SOBRE OS ORZAMENTOS DE JAIME CABEZA DURANTE O CONSELLO:
I.- O proxecto de orzamentos se gaba de que os gastos da UVigo no Capítulo I seguen a ser inferiores do que teñen outras Universidades do SUG.- Non me parece para estar satisfeitos. Paréceme perigoso. Ter por debaixo da media estatal de gasto en capítulo I quere dicir que non temos persoal abondo.
II.- Non se fai referenza á corrección de desequilibrios na dotación de PDI, agás que se conteña nuns programas de promoción do profesorado moi revolucionarios nos que nós, desde logo, non acreditamos. A aposta é pola “excelencia académica”. Os centros e os ámbitos menos desenvolvidos cada vez quedan máis empobrecidos.
III.- Segue sen preverse RPT de PDI. Por que son vostedes tan renuentes ao cumprimento da Lei?
IV.- Non existe plan de funcionarización do PDI. Segundo os seus datos, a taxa de funcionarización é do 54’77 por 100 no PDI, moi baixa. E crece o número de persoas contratadas-doutoras.
V.- O capítulo de desgravacións docentes é un totum revolutum. Onde quedou a “nova métrica” da que se nos falou no programa de AU? As actividades derivadadas de programas de grao e posgrao non son “desgravacións” senón traballo docente.
VI.- Baixa outro banzo a dotación de fondos bibliográficos, a que máis sufriu no pasado exercicio. Fálase de “esforzo de contención do gasto”.
VII.- As contías de bolsas para o estudantado son ben cativas. 504150, é unha contía para falar de que a UVigo é socialmente responsable neste ámbito? E para que se fale de esforzo xeneroso?
VIII.- As contías en políticas de benestar son ridículas. Que pasa co fondo de pensións, por exemplo?
IX.- Desde logo, o Goberno ten o noso aplauso na contención do investimento en infraestruturas.
En definitiva trátase dun presuposto marcadamente continuista, moi afastado dos eixos programáticos do que nós defendimos en campaña. Reiterámonos no dito o outro día por noso representante, Enrique Barreiro.
En xeral, a aporta pola competitividade en épocas de recortes implica un empobrecemento dos ámbitos de coñecemento menos desenvueltos. Implica pouca solidariedade e un modelo inxusto.
lunes, 13 de diciembre de 2010
CLAUSTRO 13.12.2010
Estamos agora mesmo en preguntas no punto 3 para o cal Nova manifestou en voz de Jaime Cabeza e Enrique Barreiro a negativa pola falta de consenso e incluso o incumprimento legal de tempo necesario de inclusión de documentación.
Despois do informe do reitor, Nova tivo a oportunidade de réplica . De forma moi sintética Jaime Cabeza abordou os seguintes temas:
1º.- O equipo de goberno é un xérmolo que aínda non se pode anotar moitos éxitos, que son máis ben logros colectivos -vg., Campus do Mar-. Hai unha sobeactuación do reitor ao respecto.
2º.- Pouca ética pública do reitor no tema dos cargos, que aparecen moitos máis dos que dixo. Faltou á verdade.
3º.- Restriccións en bolsas de mobilidade de PDI, erasmus e producción científica, aínda non está resolta a de 2008.
4º.- Non é certa a súa política de descentralización. Por exemplo, no tema das obras.
5º.- Hábitos predemocráticos: non incluír no orde do día o tema das pagas extras, que se pediu por sinaturas. Non renovación, como é a súa obriga, do presidente do Tribunal de Garantías. O actual leva 8 anos "en funcións"
6º.- Mato perdeu totalmente no tema do plan de finanzamento. Prometeu cousas que logo non foi quen de defendar diante da Xunta.
7º.- Opacidade no plan de promoción dos contratos de investigación. Fáltalles proxecto e vontade de correxir desequilibrios entre uns ámbitos e outros en tema de PDI.
8º.- Falta de servizos: de publicacións. Apoio administrativo a graos e posgraos. Ten todo por facer.
Tamén indicou ao reitor que os presupostos foron continuistas.
OS ORZAMENTOS
Reflicten un continuísmo total. O único que fan respecto ao anterior orzamento é reflectir a baixada de soldo de funcionarios e baixar 4,5 millóns en Capítulo II (Gasto corrente) dicindo que o que facían con asistencias técnicas van pasar a facelo con recursos propios (debe ser que o noso persoal se formou de súpeto e xa pode asumir o que antes non podía.
No referente a Capítulo I, todo son vaguedades, aínda que iso si, para un compromiso concreto que tiñan, que era pagarnos as pagas extras, esquéceselles. O que tamén deixan claro é que política de contratación de profesorado para reequilibrar persoal entre áreas igual a cero. Debe ser que non hai desequilibrios.
Iso si, a aposta decidida é o plan especial de promoción para seguir metendo xente no ámbito ciéntifico únicamente. É dicir, que todo sigue igual (salvo o noso soldo PDI e PAS) Está claro que AU segue sen apostar polo persoal: presumen de que "É salientable que ou impacto do Capítulo I non total do orzamento de gastos dá Universidade de Vigo segue a ser inferior ao que ten nas outras universidades do SUG." e baixan 4,5 millóns de euros este capítulo I. Paradoxalmente, logo afirman: "A aposta polo valor do noso capital humano, en persoal docente e investigador e en persoal de administración e servizos, continúa a ser a principal nota característica.", iso si, sen sustentalo con nada sólido.
Polo menos hai que agradecerlles que se comprometan a cumprir a lei: "Considérase unha liña básica a financiar non ornamento de 2011 a continuidade nos compromisos de estabilización e promoción profesional do PDI previstos non Regulamento de Profesorado, non Convenio colectivo para ou PDI laboral,..."
En capítulos II, III, IV, VIII, IX din que todo seguirá igual, excepto a contención no malgasto do capítulo II xa mencionada.
A parte final do documento (apartado 5) non ten nada que ver coas liñas mestras de elaboración do orzamento. Parece un simple curta e pega do que escribiu cada vicerreitor sobre os seus temas concretos. Así, que teñen que ver coas liñas mestras do orzamento: os apartados IV, VIN, VIII, XI, final do XIII ou
XIV?
Unha parte integral dos orzamentos, segundo a LOU son as sociedades dependentes, polo que nos estraña moito que nin sequera aparezan nomeadas en todo o documento.
Pedimos que defina a súa política (neste caso orzamentaria) respecto destas sociedades: van seguir sendo un saco sen fondo que levan cada ano centos de miles ou millóns de euros do remanente de libre disposición?. A isto debería dedicarlle polo menos tanto espazo como ao Campus do Mar, xa que o Campus do Mar non xera gasto do propio orzamento da Universidade (polo menos por agora, xa que é un préstamo que hai que devolver no futuro), e con todo estas sociedades sí (a Citexvi S.A., que lembremos foi a súa gran aposta persoal, e de Alternativa como grupo -a segunda aposta, a primeira foi CUSA-, vai mal e pretenden tapalo falando só da nova aposta: o Campus do Mar. Moito nos tememos que a demanda empresarial de espazo en Citexvi sexa practicamente nula)
Unha última cuestión, se o orzamento baixa 4,60%, por que os centros e departamentos baixamos un 10%? (cando ademais a maior baixada no orzamento afecta o capítulo I, do que os centros e departamentos non reciben cantidade algunha)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)