lunes, 10 de junio de 2013

Malestar pola rebaixa do 5% salarial


O día 4 de xuño de 2013 un grupo de PDI, PAS, investigadores e estudantes da Universidade de Vigo reunímonos en asemblea informativa e deliberativa para opoñermos á rebaixa salarial do 5,4 % dos salarios dos traballadores e das traballadoras da Universidade de Vigo.

Durante esta asemblea decidimos requirir dos órganos competentes da Universidade de Vigo a seguinte táboa reivindicativa, para a que pedimos o apoio de toda a comunidade universitaria:

1. Paralización inmediata da aplicación da rebaixa salarial nos termos propostos pola Xerencia da Universidade de Vigo.

2. Negociación transparente, real e non pechada sobre a aplicación de tal rebaixa salarial.

3. Reequilibrar o peso da rebaixa salarial noutras partidas menos prioritarias (cargos académicos, comisionados, etc.)

4. Aprobación desta significativa modificación orzamentaria no Consello de Goberno e no Claustro da Universidade.

5. Dignificación da estrutura e funcionamento da Mesa de Negociación do PDI para que se convirta nun órgano real de negociación dos dereitos dos traballadores e das traballadoras.

6. Cese do xerente e do equipo xerencial pola súa conduta despreciativa coas reivindicacións laborais dos traballadores e das traballadoras da Universidade de Vigo.

Entendemos que de non producirse unha inmediata paralización da rebaixa salarial e un novo proceso de negociación, os PDI, PAS, investigadores e estudantes sentímonos autorizados para abrir un proceso de mobilización centrado nas seguintes accións:

1. Creación de piquetes informativos sobre o alcance real da rebaixa salarial.

2. Solicitude de dimisión aos cargos académicos (coordinadores/as de graos, de másters, de áreas, decanos/as) como medida de protesta.

3. Solicitude ao PDI da Universidade de Vigo para retrasar ou non entregar as actas de final de curso.
4. Peche indefinido na Reitoría.

Se queres asinar esta táboa reivindicativa, entra en este link:

Táboa reivincativa - https://docs.google.com/document/d/1hyfZl-RnFZg1Q4KxhLmH6ANInR01sIlIWpJfPCiQUTA/edit?usp=sharing


No hay comentarios:

Publicar un comentario