lunes, 17 de junio de 2013

PASIVIDADE E CONDESCENDENCIA DO REITOR COS RECORTES SALARIAIS

NU pídelle que promova unha impugnación desta medida por considerala inconstitucional


Nova Universidade critica a pasividade e condescendencia amosada polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, ante os recortes salariais na UVigo, “dando a súa calada por resposta e mirando cara outro lado” ante este “atentado contra a autonomía universitaria” galega.

O portavoz de Nova Universidade e catedrático de Dereito Laboral, Jaime Cabeza, pídelle oa reitor “que se molle dunha vez” e promova diante dos órganos competentes “a impugnación desta medida”, contida la lei de Orzamentos da Xunta de Galicia, por considerala “incostitucional”.

Cabeza pregúntalle a Mato “por que non fixo nada” durante os meses de xaneiro e febreiro, nos que a Lei se estaba a tramitar no Parlamento de Galicia, xa que daquela “o noso reitor estaba na procesión dos caladiños, louvando as supostas bondades dun plan de financiamento e a altura de miras, coma el mesmo declarou, do conselleiro de Educación”.

O portavoz de Nova Universidade acusa ao reitor da UVigo de “agocharse diante do problema, practicando unha política de feitos consumados que contribúe, sen dúbida, a respaldar as múltiples prácticas neoliberais que se están levando a cabo, por parte dos gobernos estatal e autonomico, e que resultan lesivas para o ensino universitario”.

Nova Universidade critica a “opacidade absoluta e falta de información” coa que se está desenvolvendo este tema por parte dos órganos de goberno da Universidade de Vigo, pois “remata o curso e aínda non sabemos como afectaran os recortes nos distintos colectivos que conforman a comunidade universitaria”. Na intervención no claustro lembrou que o 47% dos votos están silenciados ao non contar con NU na toma de decisións e cunha política de feitos consumados onde a oposición queda fóra de calquera negociación.

Neste sentido, Cabeza acusa ao reitor de “alentar a conflictividade laboral na UVigo pola súa irresponsabilidade manifesta” na decisión sobre a rebaixa salarial, pois “é ben certo que lle ven imposta, legalmente, na súa contía bruta, mais non na súa distribución nen concreción”, matiza.

En consecuencia, Nova Universidade reclama “un chisco de valentía” por parte do reitor, elevando unha proposta aos órganos competentes da Uvigo para a súa discusión.

1 comentario:

  1. y además de todas las críticas, merecidas, a la actuación del equipo rectoral ¿qué va a hacer NOVA y su cabeza, que es especialista en derecho del trabajo? ¿o no estamos hablando de trabajo y sueldo?

    ResponderEliminar