miércoles, 27 de enero de 2010
ROLDA DE ENCONTROS EN CENTROS
A pretensión é recoller impresións nos centros e dar a coñecer os eixos programáticos que centran o discurso de Nova Univeridade. É unha oportunidade para que as voces sexan escoitadas e os proxectos comprendidos e debatidos.
domingo, 24 de enero de 2010
RESPONSABILIDADE SOCIAL E UNIVERSIDADE
Temos que introducir canto antes este debate na nosa institución, relativo á función social que debe desenvolver no contexto dunha sociedade e dunha economía globalizadas, como globalizadas están asemade a educación e investigación universitarias. A responsabilidade social tenta dar resposta aos aspectos máis vocacionais dunha entidade que quere algo máis que cumplir a normativa vixente. Quere establecer un código interno de mellora de aspectos esenciais das súas relación coa sociedade e co mundo.
A Universidade ten que ser modelo de bo goberno. Bo goberno implica moitas esixenzas. Entre outras, desde logo, unha xestión que se basee na transparencia informativa a todos os niveis e nunha acaída utilización dos nosos recursos. Como exemplo, na decisión e execución dos investimentos necesarios, na priorización duns ou doutros, na opción pola austeridade como sinal de identidade. E, polas connotacións tan especiais e estratéxicas, implica unha vocación fundamental pola sostibilidade. Sostibilidade social, no respeto polos dereitos individuais e colectivos. Sostibilidade medioambiental, no deseño de políticas de conservación dos recursos. E sostibilidade económica, cunha planificación e execución que garantan a eficiencia na asignación das achegas e na consecución dos obxectivos de docencia, investigación básica e transferencia de tecnoloxía.
Quixera insistir algo máis na sostibilidade social. A Universidade de Vigo debería ser modelo na xestión das persoas . Debería asumir unha vocación intensa polo coidado das carreiras académicas e profesionais e dos dereitos laborais dos seus servidores públicos. Debería concebirse como unha escola de democracia na que o estudantado vivira unha formación en valores cidadáns e de integración social. E debería erixirse como líder nos proxectos de cooperación internacional. Debería, en fin, concebirse como defensora radical dos dereitos fundamentais das persoas.
E tamén hai que insistir na sostibilidade medioambiental. Canto hai por facer neste eido de actuacións, alén da constitución deste cadaleito vivinte que ven sendo desde hai anos a OMA! Residuos, contaminación, impacto medioambiental, eficiencia no consumo enerxético son outras tantas disciplinas nas que non aprobamos ata o de agora por avaliación continua. Temos que facer un esforzo extraordinario para aprobar na convocatoria extraordinaria que aínda nos queda.
A responsabilidade social ten que ser máis que eixo programático. Ten que ser un concepto transversal que conxugue unha pluralidade de políticas que melloren a nosa institución e que fagan que nos sintamos algo máis enchidos por pertencer a ela. Non para fachendear diante de ninguén, senón para estarmos seguros de que contribuímos a deixar o mundo algo mellor de como está hoxendía.

domingo, 17 de enero de 2010
Particípovos do artigo que publiquei hoxe na prensa
Práceme que haxa certos temas de interese xeral nos que o consenso amosa que somos, por riba doutras cousas, unha comunidade. Nalgúns proxectos comúns ilusionantes a implicación unánime do colectivo da Universidade de Vigo, ademáis afortalado por outras institucións da nosa contorna e pola sociedade civil, é sinal de esperanza. O Campus do Mar entendeuse desde o Claustro Universitario, co gallo do informe anual que presentou no pasado decembro o reitor saínte, como un reto ao que debíamos encamiñar os nosos esforzos. Así o fixemos, e asumimos o compromiso de afastalo da contenda eleitoral e das liñas programáticas duns e doutros.
Desde a perspectiva de Nova Universidade, Campus do Mar constitúe o obxectivo estratéxico no eido da investigación máis importante que a nosa institución ten diante no curto e medio prazo. Nós sumámonos ao consenso coa arela de que sexamos líderes dunha estrutura investigadora que constitúa sinal de identidade e testemuño de capacidade investigadora e integradora. Que ademáis o campus adquira unha condición transfronteirizca coa implicación doutras entidades do Espazo Europeo de Educación Superior supón aínda máis doses de ilusión. Á fronte deste proxecto, en calidade de comisionado, o profesor Emilio Fernández, un dos investigadores con traxectoria máis recoñecida e consolidada da nosa institución, conta coa adhesión e apoio total duns e doutros. Hai, desde logo, elementos para sermos optimistas. O éxito do comisionado vai ser, por ventura, o éxito noso.
Xa que logo, complicidades e consensos en temas fundamentais. Como foi o caso dos Estatutos da Universidade de Vigo, xa ratificados polo Consello da Xunta esta mesma semana e, polo tanto, a piques de ser norma vixente. Un texto básico que, mais as debilidades que poida ter, ostenta a virtude de nacer dun pacto e un acordo moi amplo no eido dos tres colectivos que conforman a nosa institución. Non podía ser doutro xeito: desde Nova Universidade entendeuse que unha colaboración leal na comisión que elaborou o texto e nos órganos polos que transitou ata o Claustro melloraría o resultado final. E tamén o entendeu así neste caso o equipo de Goberno.
E noutro ámbito de toma de decisións, levamos tempo demandando que haxa complicidades e acordos entre os tres reitores das Universidades galegas. Endexamais se pode dicir que o consenso estea rachado no noso sistema universitario. É por iso polo que quero expresar, no nome do meu grupo, o agradecemento pola nova rota de entendemento que esta semana encetaron Barro, Barxa e Gago. Aos tres. E ademáis, porque se pospoñan conflitos impropios de tempos de estreituras económicas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)