Mostrando entradas con la etiqueta Encontros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Encontros. Mostrar todas las entradas
viernes, 7 de mayo de 2010
viernes, 12 de marzo de 2010
Esta tarde na sede de Inclusión
Esta imaxe corresponde a esta tarde na sede da organización Inclusión en Poio onde Cabeza pronunciou unha charla-coloquio sobre “medidas de atención as persoas con dependencia na Universidade de Vigo”. Esta organización está adicada a integración social de colectivos en situación de exclusión ou risco. Na súa intervención, o candidato de Nova Universidade estivo acompañado polo presidente da asociación, Ángel Alonso, e o seu coordinador, Luis Leiro, que lle manifestaron o seu apoio e reclamaron “accións a prol dunhas políticas de integración social na Universidade que melloren a situación” destes colectivos.
jueves, 11 de marzo de 2010
miércoles, 10 de marzo de 2010
HOXE NO CFV
viernes, 29 de enero de 2010
NOTA DE PRENSA: "CABEZA AGRADECE QUE AS ELECCIÓNS SE CELEBREN ANTES DOS EXAMES DE MAIO E XUÑO"
Jaime Cabeza amosa a súa satisfacción tras o encontro mantido esta mañá co reitor saínte, Alberto Gago, e co candidato doutro grupo polo feito de que, finalmente, as eleccións á Reitoría se desenvolvan segundo un calendario previamente consensuado, que logo terá que ser aprobado polos órganos competentes. Tamén, porque se produzan as votacións con anterioridade ao comezo dos exames de fin de curso.
Ademáis do calendario electoral, na reunión tamén se abordaron temas como as inauguracións previstas, sobre as que Cabeza recoñeceu a total lexitimidade por parte de Gago a darlles relevo, sempre que se limitasen a un plano estritamente institucional e contando cos representantes das dúas formacións que se presentan ás eleccións. Gago concordou con Cabeza en que invitaría aos dous candidatos pois a “Universidade é cousa de todos e un proxecto común” polo que seguirían a traballar todos os presentes.
Cabeza reiteroulle ao reitor o seu apoio incondicional en dúas cuestións estratéxicas como son o plan de financiamento e o campus de excelencia internacional cidade do mar. “Na universidade hai cuestións nas que estamos todos implicados, e estas son dúas básicas para Nova Universidade nas que estivemos e seguiremos estando nunha posición de consenso por riba da convocatoria electoral”.
O candidato de Nova Universidade dixo, en resposta a preguntas dos xornalistas, que este “tipo de reunións son moi positivas e unha boa práctica” de partida no proceso que se inicia. Neste senso, Cabeza sinala que Nova Universidade está a piques de rematar a elaboración do programa electoral e que nos últimos dous meses xa visitou máis da metade dos centros da Universidade Vigo. Igualmente Jaime Cabeza está a pechar o equipo co que concorrerá a estes comicios.
jueves, 28 de enero de 2010
miércoles, 27 de enero de 2010
ROLDA DE ENCONTROS EN CENTROS
A pretensión é recoller impresións nos centros e dar a coñecer os eixos programáticos que centran o discurso de Nova Univeridade. É unha oportunidade para que as voces sexan escoitadas e os proxectos comprendidos e debatidos.
miércoles, 18 de noviembre de 2009
Xuntanza con secretario Xeral de Universidades e co director da ACSUG
jueves, 29 de octubre de 2009
Encontro con Francisco Rodríguez, Alcalde de Ourense

Seguindo coa miña "teima" de escoitar ós implicados no desenvolvemento da Universidade, despois da entrevista co alcalde de Pontevedra, onte estiven conversando con Francisco Rodríguez, con quen atopei en común moitos puntos interesantes. Tanto da entrevista con Miguel Lores, como da entrevista con Francisco Rodríguez, funme cunha boa sensación e coa certeza de que hay vontade en colaborar e traballar en común.
Encontro con Miguel Lores, Alcalde de Pontevedra
Estes últimos días foron un "non-parar" de encontros na axenda. E é que eu considero que o primeiro paso da miña candidatura pasa por coñecer a realidade e os problemas actuais da Universidade de Vigo. Para eso, teño programados unha serie de encontros con persoeiros que están directamente implicados neste entorno da Universidade.
Por este motivo estiven co Alcalde de Pontevedra Miguel Lores, e coa edil de cultura, Lola Dopico. A reunión mantívose nun ambiente distendido, pero os temas que tratamos parécenme de vital importancia para este novo proxecto de universidade: a importancia dos campus de Pontevedra e Ourense na Universidade de Vigo e o traballo en equipo entre ambas institucións, empezando polo desbloqueo dos proxectos en común (Edificio das Artes).
Deixo uns recortes do que apareceu na prensa:
Por este motivo estiven co Alcalde de Pontevedra Miguel Lores, e coa edil de cultura, Lola Dopico. A reunión mantívose nun ambiente distendido, pero os temas que tratamos parécenme de vital importancia para este novo proxecto de universidade: a importancia dos campus de Pontevedra e Ourense na Universidade de Vigo e o traballo en equipo entre ambas institucións, empezando polo desbloqueo dos proxectos en común (Edificio das Artes).
Deixo uns recortes do que apareceu na prensa:
sábado, 20 de junio de 2009
Encontro con Maria Emilia Casas, Presidenta do Tribunal Constitucional
Hoxe foi un día intenso e cheo de cousas interesantes. Recibimos na Facultade de Ciencias Xurídicas a Maria Emilia Casas, a Presidenta do Tribunal Constitucional, que despois de pedir un minuto de silencio polo atentado de onte en Bilbao, fixo unha interesante exposición sobre o dereito á folga. Para os organizadores do Master Interuniversitario sobre Xestión e Dirección Laboral, foi unha verdadeira honra contar cunha personalidade da talla de Maria Emilia Casas na clausura do mesmo.
É unha verdadeira mágoa que un programa interuniversitario coa calidade do Máster que hoxe se clausurou, vexa peligrar a súa continuidade pola deixadez do equipo de goberno actual na Universidade de Vigo. Ningún membro do equipo de Alberto Gago estivo presente na ceremonia de clausura, nin sequera para recibir á Presidenta do TC.O Faro de Vigo recolleu a noticia nas súas follas.
Engadir algún comentario sobre a charla.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













